Pechamos a primeira quincena do programa “ConcilAres”, que arrancou ou pasado 3 de xullo na pista polideportiva municipal.

Comparte esta nota de prensa

Este campamento para nenos e menas dos 3 aos 10 anos, estará activo durante os meses de xullo e agosto e, unha vez máis, terá como epicentro o CPI As Mirandas. Neste lugar organizaranse diversas actividades e saídas a contornas naturais, como a praia de Ares.

A programación inclúe unha variedade de xogos, manualidades, deportes e excursións, todo iso deseñado co obxectivo de combinar a conciliación familiar co fomento de hábitos saudables, a solidariedade, a convivencia e o respecto ao medio ambiente.

Ademais das actividades e xogos no cole, onte os nenos e nenas do campamento aproveitaron o bo clima e realizaron unha excursión pola vila, explorando o patrimonio local e mergullándose nas características e a historia das edificacións indianas.

¡Quedaron fascinados cos detalles descubertos!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.