Desde outono ata primavera, ofreceranse 9 roteiros diferentes, un por mes, para promover a apreciación activa da nosa contorna a través da actividade física na natureza.
As prazas para o primeiro roteiro en Taramundi están cubertas, pero haberá máis oportunidades para unirte a estas aventuras de sendeirismo. Mantente atento/a ao noso calendario de roteiros, onde anunciaremos os períodos de inscrición para cada un deles.
Ademais de Taramundi, poderás explorar lugares impresionantes como Penas de Traba en Laxe, o Val do Dubra, o río Mandeo, Monfero, o río Sor, a costa de Malpica, Modoñedo e, por último, Laxe, Arou e Camariñas, incluíndo dúas etapas do famoso “Camiño dos Faros”.
Non te perdas a oportunidade de reservar a túa praza!