Esta iniciativa da Concellaría de Benestar busca proporcionar un espazo integral onde as persoas maiores de 70 anos poidan fortalecer o seu benestar físico e emocional, contribuíndo así a unha vida máis activa e emocional, contribuíndo así a unha vida máis activa e saudable.
A actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de 10 a 11 da mañá, no Pavillón Deportivo Para aqueles interesados en coñecer máis sobre a actividade +70, realizarase unha Xornada de Portas Abertas o venres 24 de novembro, de 10:00 a 11:00 horas, no mesmo lugar.
Co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 70 anos no Concello de Ares, a Concellaría de Benestar, presenta a actividade +70, unha iniciativa interdisciplinaria que ten como obxectivo fomentar hábitos saudables e un estilo de vida activo neste segmento da poboación.
A actividade +70 céntrase en proporcionar alternativas saudables na vida diaria, baseándose en catro piares fundamentais: o exercicio físico, a psicoloxía , a alimentación e a fisioterapia. O enfoque interdisciplinario aborda diversas dimensións do benestar das persoas maiores, promovendo un estilo de vida activo para vivir de maneira máis plena e saudable.
Na parte de educación física o programa inclúe exercicios deseñados para mellorar a funcionalidade do organismo, abarcando aspectos como a forza, a mobilidade articular, o equilibrio, a coordinación e a resposta cardiorespiratoria.
En canto á parte de psicoloxía, ofreceranse ferramentas para manter a motivación diaria, xestionar a información, e valorar a importancia das relacións sociais e afectivas nesta etapa da vida.
Xa no ámbito da alimentación, a actividade presentará ideas e proporcionará información contrastada para aproveitar o potencial terapéutico do proceso de nutrición.
Ademais, dentro do plano da fisioterapia, brindarase apoio para comprender as múltiples afeccións comúns en persoas maiores, así como mostrar tratamentos e consellos sinxelos para mellorar a dor e a limitación funcional.
A actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de 10 a 11 da mañá, no Pavillón Deportivo Municipal. Para aqueles interesados en coñecer máis sobre a actividade +70, realizarase unha Xornada de Portas Abertas o venres 24 de novembro, de 10:00 a 11:00 horas, no mesmo lugar. Os participantes deberán inscribirse previamente no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 981 448 354.
As inscricións para a actividade xestionaranse a través dos Servizos Sociais do Concello de Ares. O custo mensual da actividade é de 10€ (unha vez confirmada a praza), e disponse dun total de 15 prazas.