Cando un se xubila, como procurar un propósito? Como afrontar un envellecemento saudable ou mesmo xestionar o impacto dun cambio de rol coma o que se produce na xubilación? Foron algunhas das preguntas sobre as que se estruturou a charla, unha actividade que se inscribe no marco da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello composta por 6 ponencias divulgativas arredor da saúde e o benestar das persoas maiores, as crianzas e as mulleres.
A próxima sesión de AresXSalud realizarase xa a mediados de marzo, e porá o foco na muller e os seus ciclos hormonais ao longo da vida.