A Concellaría de Comercio convida á hostalería local a sumarse á próxima edición do DegustAres

Comparte esta nota de prensa

O Concello xa está a traballar nos últimos detalles organizativos detrás da que será a cuarta edición do DegustAres 🍴, a ruta do pincho que promove a área de Comercio para dinamizar económica e turisticamente o tecido hostaleiro da vila.
Neste sentido, a edila Lucía Blanco convida a sumarse ao evento a todos os hostaleiros e hostaleiras de Ares que queiran contribuír a esta iniciativa na que, durante dúas fins de semana, haberá a posibilidade de gozar da gastronomía local e, como non, degustala para ver quen leva os galardóns 🎉.
 
Estableceranse, coma en anteriores edicións, premios para os negocios e para os participantes que cubran correctamente as valoracións ✍️.
 A Concellaría de Comercio pon a disposición dos locais interesados o correo electrónico 📧 lucia.blanco@concellodeares.com ou o teléfono 📱 677 12 41 21 para formular dúbidas e inscribirse no DegustAres 2025.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local