A veciñanza encheu o salón de actos da Alianza Aresana na primeira sesión da nova edición da Academia AresXSaúde, o programa municipal pensado para introducir hábitos saudables e ferramentas prácticas de benestar no día a día.
O psicólogo José Barcia Tuccelli guiou unha charla divulgativa centrada na importancia de coñecer, identificar e regular as emocións, afondando tamén no papel do mindfulness como aliado fronte ao estrés e nas pequenas decisións cotiáns que inflúen directamente no noso equilibrio emocional.
Unha sesión centrada en mellorar o autocoidado e a saúde mental e que marca o inicio do ciclo divugativo que propón a Academia AresXSaúde dende este mes de novembro até abril, achegando coñecementos da man de expertas e expertos no eido da psicoloxía, a actividade física ou a nutrición.



