Este pasado domingo, os participantes da cuarta ruta do SendAres 25-26 gozaron dun percorrido moi mariñeiro entre Seixo Branco e Lorbé, un itinerario fondamente marcado pola morfoloxía litoral.A ruta discorreu polos cantís e sendeiros do Monumento Natural de Dexo-Serantes, un espazo protexido de grande valor natural e no que cobra especial relevancia o Seixo Branco, unha veta de cuarzo de característica cor branca recortada sobre o azul do océano e que serviu como referencia de navegación para os mariñeiros.
Tras camiñar entre formacións rochosas e treitos costeiros, o grupo rematou o roteiro de 11 quilómetros no porto de Lorbé, coñecido pola súa tradición mariñeira e pola beleza da súa contorna.
Unha nova experiencia que consolida o SendAres como unha das mellores formas de descubrir, paso a paso, os espazos naturais máis singulares da nosa contorna de proximidade.






