A ría de Ares, epicentro do Campionato Galego de Vauren

Comparte esta nota de prensa

Durante toda esta fin de semana, o municipio acolleu o Campionato Galego Vauren 2026 impulsado polo Club Náutico Ría de Ares, un certame deportivo que tivo xusto onte a entrega de trofeos nas instalacións da entidade aresá.

En representación do Concello acudiu a edila de Deportes, Alma Barrón, para parabenizar aos gañadores desta última edición: Pablo Cabello e Óscar Romero, do Real Club Náutico Vigo, como campións galegos absolutos; en categoría feminina absoluta, tamén do mesmo club, Paula e Paloma González Esteban; e finalmente os campións xuvenís Nicolás González e Ramón Pimentel, do Real Náutico Vigués.

Parabéns!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Día do Cómic 2026 en Ares

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que