Ares promove o benestar da veciñanza cunha sesión práctica sobre o solo pélvico

Comparte esta nota de prensa

O pavillón polideportivo municipal acolleu onte mesmo unha nova proposta da Academia AresXSaúde, poñendo o foco no coidado e fortalecemento do solo pélvico.

Baixo metodoloxías prácticas, Camilo Prieto, director de MaSSevoluo, dirixu a actividade e axudou ás persoas participantes a achegarse a exercicios básicos para traballar esta musculatura, chave na saúde no día a día.

Durante a sesión, fíxose fincapé na relevancia de coidar o solo pélvico para a mellora da estabilidade corporal, a prevención da incontinencia urinaria ou a importancia do fortalecemento para impulsar o benestar na cotiandade.

 

Pódeche interesar