A segunda edición da Mostra Pop-up de marcas emerxentes recalará de novo en Ares

Comparte esta nota de prensa

  • O Parque Rosalía de Castro será o escenario natural que acollerá esta representación do talento que hai en Ferrolterra nos accesorios feitos a man, a xoiería ou a moda, repetindo a colaboración entre a marca Martobags e o Concello.
  • Haberá música en directo, comida e os stands con produtos locais á venda.

 

Volve ó Parque Rosalía de Castro, o pulmón verde do núcleo urbano de Ares, a II Mostra Pop-Up de marcas emerxentes que impulsa a marca Martobags coa colaboración do Concello.

Será o vindeiro domingo, 12 de xullo, cando o parque contará coa presenza de varias iniciativas emerxentes da contorna de Ferrolterra e máis aló, amosando os seus deseños no eido da moda, a xoiería e a artesanía de proximidade; todo un exemplo de creatividade!

A mostra, que estará dispoñible dende as 11:30 h. en adiante até o peche do día, contará coa presenza de marcas como Galoa, Seaglass Dsign, The River, Marea Sunset, Nomadas 24/7, The Vecina, Farfalla Joyas, 15405, Nanai Project ou Waves Company. Unha variedade de proxectos con roupa, bolsos, complementos do día a día, xoiaría ou accesorios feitos con moito agarimo.

E para que se poida desfrutar da mellor maneira, tamén se disporá de música en directo con DJs e venda de bebida e comida durante a celebración deste evento que aglutina talento, emprendemento e mocidade no Parque Rosalía de Ares.

 

Pódeche interesar