O Concello de Ares achega á veciñanza a realidade das Persoas Altamente Sensibles

Comparte esta nota de prensa

O Salón de Actos da Alianza Aresana acolleu este venres a charla divulgativa “Descobre e xestiona a túa Alta Sensibilidade”, organizada polo Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura.

A sesión, impartida por Concha Tejada, autora, comunicadora e mentora para Persoas Altamente Sensibles (PAS), permitiu afondar no coñecemento da alta sensibilidade e achegar ferramentas para comprender e xestionar mellor as emocións, os estímulos e diferentes situacións do día a día.

A actividade ofreceu un espazo de reflexión, autocoñecemento e intercambio, contribuíndo a visibilizar a alta sensibilidade e a favorecer unha maior comprensión desta realidade tanto entre as persoas PAS como no seu contorno.

📷 Compartimos algunhas imaxes da xornada.

Pódeche interesar