A Concellaría de Cultura do Concello de Ares, a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, organiza a sesión infantil de contacontos «Un monstro moi larpeiro», a cargo de Marisa Irimia.
A cita terá lugar este vindeiro xoves, 1 de outubro, a partir das 18:30 horas nas instalacións da Biblioteca Municipal. Trátase dunha actividade de balde e con acceso libre, pensada especialmente para facer gozar a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos.

