O sendeirismo en Ares non para!

Comparte esta nota de prensa

Esta fin de semana, levouse a cabo a primeira ruta do SendAres na súa tempada de verán, mantendo as máximas de toda a proposta da Concellaría de Deportes: explorar espazos de gran valor natural a través da práctica deportiva.

Os sendeiristas descubriron a biodiversidade arredor do río Sor, discurrindo sempre polas súas marxes, e puideron achegarse a un lugar de enorme beleza e tranquilidade. E ti tamén podes facelo a través das instantáneas que vos deixamos embaixo!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares súmase á 34ª edición de Equiocio

O certame ecuestre de Ferrol, unha cita fundamental que actúa como escaparate de toda a comarca, vén de presentarse onte no Centro Cultural Torrente Ballester.