A poesía e a música encheron a fin de semana do municipio

Comparte esta nota de prensa

A través da programación da área de Cultura, a veciñanza puido coñecer o primeiro poemario de Antonio Seijas, “Teorías do Fin”, no salón de actos da Alianza Aresana. Unha tarde especial para acompañar ao autor e artista aresán na súa introducción no eido poético!

No acto, introducido pola concelleira Alma Barrón, a escritora Andrea Maceiras dirixiu a conversa arredor desta nova obra, gañadora do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense. Ata houbo parte musical coa peza interpretada pola violonchelista Emma Urango!

E a través precisamente da música continuou tamén a programación cultural da localidade: onte, a Igrexa de San Xosé de Ares acolleu un concerto moi especial e de alto nivel, cun gran número de asistentes e un éxito na súa realización. A Orquesta Infantil da Sinfónica de Galicia, integrada por 70 rapaces e rapazas de entre 8 a 15 anos, abarrotaron a igrexa con composicións clásicas e modernas. Un concerto marcado pola emoción e a profesionalidade no mesmo núcleo urbano da vila!

Pódeche interesar