“Mares Circulares” retira 72 kilos de residuos na praia de Ares polo Día dos Océanos

Comparte esta nota de prensa

O Concello vén de coñecer esta mañá os resultados da acción de limpeza que se produxo o venres nos areais urbanos de Ares, baixo a iniciativa de “Mares Circulares” de Coca-Cola, na que tamén colaboraron o CPI As Mirandas, a Asociación Chelonia e a propia institución aresán.

O alumnado do CPI e os voluntarios de Coca-Cola retiraron, entre as 11:30 e 13:30 horas aproximadamente, 72,5 kgs de residuos, incluídas máis de 1.600 cabichas tanto ao longo da praia como no propio paseo marítimo, exemplificando o risco de arrastre que presentaban. Entre os datos que se comunicaron hoxe mesmo tamén destaca a alta presenza de plásticos e gomas (cordas, redes, liñas, nasas…), que supuxeron un 60 % do total recollido.

Aquí embaixo atoparás algunhas das fotografías finais que deixou a acción na contorna municipal

Pódeche interesar