A Travesía a Nado Ría de Ares celebrará a súa XXV edición

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

O evento deportivo chega con novidades tras a pandemia, buscando un maior atractivo e mantendo o seu carácter popular.

As inscricións abriranse mañá, 1 de xullo, ata esgotar as prazas habilitadas por esa vía.

A concelleira Victoria Montenegro, a presidenta do Club Natación Ferrol, Victoria Jiménez, e Bruno Rodríguez, por parte de Serviocio, presentaron esta mesma mañá a XXV Edición da Travesía a Nado Ría de Ares na casa consistorial da localidade, un evento que volve ao municipio co foco posto no deporte e na dinamización social, xa consolidado tras os veinticinco anos de percorrido na súa organización

A travesía mantén o seu principal atractivo, que é o seu carácter popular e non tanto competitivo, atendendo ó desexo da organización de promocionar e fomentar a natación, e facelo na ría de Ares, de augas tranquilas e agradables para o nado. Manéxase como previsión de afluencia uns preto de 100-120 nadadores e nadadores que competirán o sábado, 23 de xullo, ás 18:00 horas.

Dende a Concellaría de Deportes tamén agradeceron a implicación e colaboración tanto do Club Natación Ferrol como de Serviocio para materializar conxuntamente a iniciativa.

AMPLIACIÓN DAS CATEGORÍAS E MELLORAS NO AVITUALLAMENTO

O acto desta mañá serviu tamén para dar conta das melloras implementadas na organización do evento deportivo. Primeiro, auméntase o número de categorías por idades para facer a carreira máis motivadora e igualitaria, intentando que se compita nun rango de idade aproximado e con máis premios e pódiums.

A maiores, tamén se traballará nunha mellora dentro da oferta da zona de avituallamento, que contará coa hidratación, mais tamén con fruta fresca e bebidas quentes para todo o participante que o desexe. Haberá trofeos para os gañadores absolutos (masculinos e femininos) e mesmo para o nadador/a máis novo e o máis veterán.

A inscrición para participar na XXV edición abrirase mañá, venres 1 de xullo, cun trámite telemático a través da páxina web municipal (www.concellodeares.com) no seu apartado correspondente. A Organización porá a disposición das persoas interesadas 25 prazas no mesmo día da proba, que se cubrirán por orde de inscrición na rampla grande de Ares (posto de socorrismo) de 16:00 a 17:15 horas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares en marcha contra o cancro

O 11 de setembro (11:00 horas) o noso municipio contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co propio