Ares afonda na violencia de xénero vencellada á muller migrante

Comparte esta nota de prensa

Especialistas en diferentes eidos (xurídico, social, psicolóxico…) achegan durante todo o día de hoxe, dende as 10:30 ata as 18:30 horas, unha visión completa desta problemática dentro da ampla xornada que organiza o Concello no municipio.

O salón de actos da Alianza Aresana convértese no epicentro da Xornada de Violencia de Xénero e Muller Migrante que promove o Concello de Ares ao longo da mañá e da tarde a través da área de Igualdade e Benestar e o Centro de Información á Muller (CIM) municipal. O evento, que xa leva máis de 15 anos realizándose na localidade aresán, é xa unha cita consolidada para abordar un problema complexo, con múltiples factores e moitas arestas.

Na inauguración oficial, Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares, fixo fincapé no percorrido da iniciativa: “comezamos a impulsar estas xornadas anuais dende 2007, 16 anos atrás, e catro lexislaturas despois, é todo un orgullo que se sigan celebrando na nosa localidade”.

Sobre a relevancia do evento falou Esther Montero Martínez, educadora social e experta universitaria en malos tratos, salientando que “este tipo de actos son unha forma de combater un dos problemas máis complexos da nosa realidade; actos abertos ao público, dirixidos a profesionais, pero tamén á veciñanza”.

Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, tamén aproveitou a inauguración para agradecer a todas as partes que promoven a iniciativa a súa involucración e declarou que, en materia de igualdade de xénero, “esta é unha das actividades máis importantes do ano”.

Ata ben entrada a tarde, xa preto das 18:30 horas, 6 especialistas na materia participarán en 4 conferencias e 1 faladoiro para afondar nas circunstancias que rodean á muller migrante: dende o modelo integral de atención psicolóxica que existe na actualidade até os factores de vulnerabilidade e a prostitución e a trata coma formas de violencia de xénero.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,