Ares celebra o Día de Rosalía

Comparte esta nota de prensa

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Mirandas desfrutaron esta mañá do contacontos “A miña historia”, unha revisión da vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos.

Dende onte, 23 de febreiro, a casa consistorial loce a pancarta que homenaxea a unha figura central na cultura galega: Rosalía de Castro volve un ano máis polo seu día de nacemento á vila de Ares para ser lembrada e, sobre todo, celebrada.

Por iso, co obxectivo de divulgar entre a rapazada a súa importancia histórica, o Concello, da man do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, organizou durante esta mañá na biblioteca municipal de Ares o contacontos “A miña historia”, a cargo da compañía Trémola Teatro, cun público singular: o alumnado de 1º e 2º de Primaria do Centro Público Integrado (CPI) As Mirandas.

O espectáculo dedicouse integramente a Rosalía de Castro a través dunha personaxe teatral, Andrea, xornalista de profesión que xorde dende o máis profundo do século XIX para achegar detalles, anécdotas e a historia mesma da poeta galega. Empregando a súa vida, a actuación narra textos esenciais na obra de Rosalía e contextualiza a súa importancia no Rexurdimento das letras galegas, sen deixar atrás o seu valor coma muller pioneira do seu tempo.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,