Ares viaxa a Cedeira para desfrutar do espectáculo “Ás oito da tarde, cando morren as nais”

Comparte esta nota de prensa

O domingo, 22 de maio, a área de Cultura repite no servizo de mobilidade do Centro Dramático Galego para facilitar o desprazamento e accesibilidade ás sesións teatrais.

A inscrición para a actividade xa está aberta contactando coa biblioteca municipal da localidade.

A veciñanza aresán e os interesados doutras contornas municipais terán unha nova oportunidade de achegarse ao teatro producido polo Centro Dramático Galego (CDG), baixo a nova visita que organiza a Concellaría de Cultura dentro do programa de Mobilidade da entidade teatral.

Así, o 22 de maio ás 16:00 horas sairá un autobús dende a Porta do Sol cara Cedeira, onde se asistirá á función “Ás oito da tarde, cando morren as nais”, dirixida por Marta Pazos, e voltará ao núcleo urbano de Ares preto das 20:45. Haberá 50 prazas, que xa están disponibles para reservar na biblioteca municipal ou a través do 981 448 057, e toda a actividade terá un custe de 6 euros.

Ás oito da tarde, cando morren as nais afonda na relación que existe entre o teatro e a súa recepción, entre o artista e o público (tanto real como ficticio). A historia desta obra é en realidade un xogo irónico, unha forma de reflexionar sobre a idea de que non existe “o feito teatral” se non hai alguén que dá e alguén que recibe.

O espectáculo do Centro Dramático Galego terá unha duración aproximada de 75 minutos e está recomendado para maiores de 12 anos.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Un Numancia de Campións

Boas novas nesta fin de semana para o fútbol aresán, pois toca parabenizar ao SDR Numancia de Ares por partida dobre. Despois de asegurar o