Ares vive un Samaín de medo

Comparte esta nota de prensa

Esta fin de semana, os pequenos e pequenas pasaron xunto as súas familias pola pista cuberta do CPI As Mirandas para gozar do Samaín 2024 que organizou a Concellaría de Cultura durante toda a tarde do sábado.

Esqueletos, monxas, meigas, espantallos… e outras tantas criaturas terroríficas deixáronse ver por alí e animáronse a participar no concurso de cabazas, nos obradoiros de mazás e de maquillaxe e feridas ou bailar no espectáculo de animación musical. Degustáronse as tradicionais castañas asadas e houbo espazo para divertirse nos inchables e inmortalizar o momento no photocall da S.C. O Tilo.

Dende a área de Cultura estenden o seu agradecemento tanto a O Tilo como as voluntarios e voluntarias de Protección Civil que axudaron na xornada.

Ademais, tamén se desvelan os gañadores do Concurso de Cabazas deste Samaín 2024 nas súas dúas categorías:

  • CATEGORÍA ATA 6 ANOS: Valeria López Anca
  • CATEGORÍA DE 7 A 12 ANOS: Daniela Rodríguez Rúa

Parabéns!

 

Pódeche interesar