A Travesía a Nado Ría de Ares celebrará a súa XXV edición

O evento deportivo chega con novidades tras a pandemia, buscando un maior atractivo e mantendo o seu carácter popular. As inscricións abriranse mañá, 1 de xullo, ata esgotar as prazas habilitadas por esa vía. A concelleira Victoria Montenegro, a presidenta do Club Natación Ferrol, Victoria Jiménez, e Bruno Rodríguez, por parte de Serviocio, presentaron esta […]
Xa en xullo, tanto a biblioteca municipal de Ares coma a Casa da Xuventude contarán cos seus respectivos horarios de verán

Poderás acudir ás dúas instalacións nas seguintes franxas horarias: BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARES (Xa vixente) De luns a venres: de 9:00 a 14:00 horas. CASA DA XUVENTUDE (En vigor dende o luns, 4 de xullo) De luns a venres: de 9 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 horas. Sábados: de 12:00 a 14:00 horas.
Se tes ganas de desfrutar da música, do baile e do deporte, lembra que a próxima semana arrancan dúas actividades moi interesantes para ti que son totalmente de balde!

O martes, 5 de xullo, tocará moverse con ritmos latinos e o xoves, 7, poderás terminar con zumba. Ambas programacións realízanse de 20:30 a 21:30 na Praza da Constitución de Ares. Xa podes inscribirte no 981 448 057 ou na propia Alianza Aresana ata as 11:00 horas do día anterior a cada actividade. Non quedes […]
O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de entregar os 3 desfibriladores adquiridos polo Concello á Policía Local

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de entregar os 3 desfibriladores adquiridos polo Concello á Policía Local, despois da xornada de formación técnica que se impartiu en abril, organizada conxuntamente entre a área municipal de Seguridade e a Policía Local de Ares e na que se achegaron coñecementos tanto de reanimación cardiopulmonar (RCP) […]
Finalizan as obras de conexión da rede de abastecemento no Mazote coa rúa María e a Real

A Concellaría de Obras vén de informar do remate esta semana da conexión da rede de auga potable na zona do Mazote coas rúas María e Real, unha intervención que afectou á intersección da Avenida Federico García Expósito na súa marxe con ambas vías. As obras, segundo o contextualizado polo edil José Juan Vilar, responde […]
O Concello amplía o número de prazas de uso libre, xunto co de parkings públicos, dentro do sistema de regulación do tráfico estival

Este verán tamén haberá dúas novas áreas municipais de estacionamento no núcleo urbano de Ares e unha redución das zonas azuis -de pago- próxima ó 50 %. O acceso ós areais de Chanteiro, O Raso e Seselle eliminará as restriccións impostas no seu momento polos condicionantes sanitarios. Dende o 1 de xullo ata o 31 […]
Dende mañá, mércores 29 de xuño, poderás recoller os dispensadores de bolsas para excrementos das mascotas na entrada da casa consistorial!

Repartiranse preto de 300, coma parte da campaña de concienciación que promove a Concellaría de Medioambiente e que tamén conlevou a colocación de varias sinalizacións polos espazos verdes de Ares.
Puntuación final para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como Traballadora Social do Concello de Ares
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 13:45 horas do día 28 de xuño de 2022, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para a “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE […]
Mabel Espiñeira presenta “Una cárcel sin barrotes” na Alianza Aresana

A Concellaría de Cultura da localidade vén de anunciar a nova presentación literaria no salón de actos da Alianza Aresana, organizada para este xoves, 30 de xuño, ás 20:00 horas. Así, a concelleira Alma Barrón e a autora Mabel Espiñeira conversarán arredor de “Una cárcel sin barrotes”, unha obra que afonda nos celos profesionais e […]
Declaración Institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI (28 de xuño)

A corporación municipal vén de aprobar na sesión plenaria de onte a adhesión á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), facendo así un chamamento ó respecto das persoas LGTBI e rexeitando os discursos de odio. O consistorio tamén amosa nestas últimas xornadas a bandeira do colectivo, coma forma de visibilizar e […]
Puntuación experiencia profesional para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como Traballadora Social do Concello de Ares
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 12:30 horas do día 28 de xuño de 2022, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para a “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE […]
XI MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN ARES 2022

O VINDEIRO DOMINGO 10 DE XULLO DE 2022 (ENTRE AS 9:00 E AS 21:00 H) LEVAREMOS A CABO O XI MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN –CONCELLO DE ARES, DESTINADO Á VENDA DE ARTIGOS DE ESTAS CATEGORÍAS. NA FEIRA PÓDESE, INTERCAMBIAR, MERCAR OU VENDER: XOGUETES, LIBROS, PELÍCULAS, MATERIAL DE COLECIONISMO, ROUPA, CALZADO, BISUTERÍA DE SEGUNDA MAN […]