E mañá temos Entroido en Ares!!

Inchables, área de xogos, minikarts, obradoiros de maquillaxe e antifaces, chocolate e orellas… todo iso e máis para pasalo ben xuntos, no marco da programación da Concellaría de Cultura. As actividades desenvólvense na Praza da Constitución de 17:00 h. en adiante. Xa sabes: non quedes sen sumarte á xa tradicional queima do entroido!
O punto limpo móbil xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais!

Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
O venres pasado, o salón de actos da Alianza Aresana encheuse para ollar de maneira distinta a dor e a enfermidade!

Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas, impartiu a charla “Maiores e Dor” e afondou nunha máxima fundamental: “A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional”. A ponencia enmárcase dentro da Academia AresXSalud, unha iniciativa para achegar coñecemento […]
Arrancan os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da rúa Os Anxos

Centraranse na renovación da rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, amais de materializar obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención supón un investimento próximo aos 100.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo informou hoxe mesmo do inicio das obras nun tramo da […]
O Concello abre hoxe, 8 de febreiro, o prazo para inscribirse nas andainas de Camiña pola Igualdade, o evento que conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, na vila.

Lembra que tes dous itinerarios durante a mañá do sábado, 9 de marzo: un de 10 kms. e outro de 1km., confluíndo na Praza da Constitución de Ares para a lectura dun manifesto reivindicativo a prol dos dereitos das mulleres na sociedade actual. A inscrición é totalmente de balde e podes formalizala na seguinte ligazón: […]
CAMIÑA POLA IGUALDADE! 2024

9 DE MARZO Saídas e chegadas dende a praza da constitución Elixe o teu percorrido e inscríbete! RUTA 1: Andaina – 10 kms aprox. – 10:00h Cunha dificultade media-baixa, é un itinerario que saíndo da praza da Constitución, discurrirá pola costa de Ares cara a Redes, ata achegarnos á Praza do Pedregal, para logo regresar […]
O Concello aproba a distribución de fondos do POS+2024, que inclúe o acondicionamento do interior da Rectoral de Ares

Xunto coa adecuación da Rectoral por un importe de 152.589,55 euros, impostos incluídos, tamén se renovará a área infantil do parque Rosalía de Castro (74.995,81 euros) e melloraranse varios camiños municipais coma a Louseira, O Castro e A Pena (113.821,08 euros). Incórporase de igual maneira unha partida, a do POS Social, centrada no reforzo do […]
Listado Definitivo De Admitidos/As E Excluidos/As Do Proceso Selectivo Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene
ANUNCIO LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS DO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA DE PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS Por Decreto núm. 2024-0138 de 07/02/2024, acordouse: “Visto o expediente que se tramita para a […]
‘Camiña pola Igualdade 2024’: Ares conmemorará o 8M, Día Internacional da Muller, cunha marcha reivindicativa

A concelleira de Igualdade, Victoria Montenegro, presentou esta mañá a nova edición da iniciativa, unha andaina que amosa o camiño percorrido e todo o que aínda queda por avanzar a prol dos dereitos das mulleres. A iniciativa precisará de inscrición previa, que será totalmente de balde e de xeito telemático a través da páxina web […]
A Alianza Aresana acolle este venres, 9 de febreiro, a charla divulgativa “Maiores e dor”

As Concellarías de Deportes e Benestar organizarán a ponencia ás 19:00 horas, impartida polo especialista Camilo Prieto Rivas, para achegar á poboación da terceira idade unha nova percepción da dor e o seu tratamento. A iniciativa é parte de “Academia AresXSalud”, un total de 6 charlas sobre a nosa saúde que se desenvolven entre xaneiro […]
O Concello homenaxea o Día Mundial contra o Cancro coa iluminación da súa fachada

Dende esta fin de semana, a casa consistorial do municipio amosa unha cor verde e unha pancarta da Asociación Española contra el Cáncer en Ares para rendir homenaxe a todos os pacientes e familias que afrontan a enfermidade. A través deste xesto simbólico, conmemórase o Día Mundial contra esta doenza que se organiza dende o […]
Ares volve deixar a súa impronta mariñeira na serie “Saudade de ti” da Televisión de Galicia

O equipo de produción despídese hoxe da vila aresán coa última gravación audiovisual que realizarán no municipio. Luces, cámara e acción! Son estas as frases que se repiten ao longo da xornada deste luns, 5 de febreiro, por mor da rodaxe da serie Saudade de Ti da TVG en Ares. O equipo técnico e artístico […]