Hoxe, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán xa por todo Ares!

Chegados dende Oriente, arrancarán a súa cabalgata en Redes preto das 16:30 horas e tamén percorrerán os núcleos das parroquias ata recepcionar a pequenos e máis maiores na Alianza Aresana (18:45 h. aproximadamente). Porén, se a climatoloxía non o permite, acortarase o percorrido da cabalgata, facendo só a visita ás parroquias e logo dirixíndose directamente […]
Tocou o primeiro premio do MercAres!!!

A persoa afortunada co primeiro premio da campaña de fomento do consumo local, recibiu o seu premio onte: un cheque por valor de 500 euros! A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, foi a encargada de entregar o cheque á gañadora, o cal dividirase en cantidades máis pequenas para facilitar o seu emprego nos negocios adheridos […]
Protección Civil De Ares presenta o seu Balance Anual, con máis de 450 Operativos Despregados durante o 2023

Xuño, xullo e agosto foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte ou seu balance anual de actuacións feito público hoxe O informe anual de operativos, presentado esta mesma mañá, desagrega o conxunto das diversas intervencións e servizos prestados polos voluntarios e voluntarias que conforman a agrupación local, abarcando […]
Inspección Técnica de Ciclomotores en Ares

O venres, 2 de febreiro, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase á nosa contorna municipal. Atoparase na Praza da Igrexa do núcleo urbano, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas. Será necesario solicitar cita previa contactando vía telefónica co 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com, […]
Presentamos imaxes dalgunhas das actividades realizadas no Concello de Ares nestes días

Como o monólogo de Oswaldo Digón “Outra Movida”, o taller de pastelería creativa “Postres no Nadal”, a actividade “Con música e letra, karaoke na Biblioteca”, o xogo de pistas “Na procura dúas Reis Magos”, ou a actividade de zumba para despedir o ano “Zumba, Zúmballe”.
Os Reis Magos visitarán os principais lugares do Municipio na tarde do Venres

Ademais da recepción na Alianza Aresana, tense programado que as Súas Maxestades de Oriente percorran todas as parroquias do municipio, comezando ás 16:30 na Praza do Pedregal de Redes. O vindeiro venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán presentes en todo Ares. Provenientes de Oriente, iniciarán a súa cabalgata en Redes ao redor das […]
O Concello Abre Hoxe O Prazo De Inscrición para a quinta Ruta do SendAres 2023-2024

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Monfero de 17 quilómetros, incluíndo unha camiñada por unha das zonas con máis historia dentro das Fragas do Eume: o camiño dos Cerqueiros. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas deste mércores 3 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 20 euros. […]
A XVIII edición da Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos concluíu coa participación de preto de 400 corredores/as.

Na xornada do domingo 31 de decembro, o numeroso grupo de corredores e corredoras percorreu os 10 quilómetros da carreira entre Ares e Mugardos, participando así nun evento xa arraigado entre ambos os municipios, onde despedir o ano con deporte e nun ambiente navideño converteuse nunha tradición. De feito, non faltaron deportistas que fixeron alusión […]
Este pasado venres concluíu o VIII Campus Chiquibasquet no pavillón polideportivo municipal

O evento, organizado por Chiqui Barros coa colaboración da Concellaría de Deportes, permitiu acabar o ano mellorando o nivel técnico e táctico dos seus participantes. Nesta nova edición, máis de 20 mozos e mozas, con idades comprendidas entre os 5 e 21 anos, decidiron pasar estas datas formándose e, sobre todo, divertíndose!!
Estas datas festivas son o momento ideal para gozar dos bares e restaurantes de Ares en compañía de amigos, familia e compañeiros!

Se estás a pensar onde usar ou mesmo atopar un dos 280 vales-rasca proporcionados pola campaña de consumo local do Concello, bota unha ollada a algúns dos locais de hostalería que achegamos a continuación, como parte da serie de presentacións de negocios que decidiron unirse ao MercAres!
BANDO: Exposición Pública do Censo Electoral Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL En relación coa convocatoria de Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024 o que terán lugar o vindeiro 18 de febreiro, o prazo de EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL SERÁ DO 1 DE XANEIRO AO […]
Revisión da Fase de Concurso e Resultado Definitivo para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.
ANUNCIO DE REVISIÓN DA FASE DE CONCURSO E RESULTADO DEFINITIVO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL. Sendo as 10:30 horas do día 02 de xaneiro de 2024, reúnese a Comisión Seleccionadora para o proceso de selección “CREACIÓN DUNHA […]