O primeiro premio do MercAres xa ten gañadora!!

A persoa agraciada recolleu o venres pasado o cheque de maior contía da campaña de consumo local da Concellaría de Comercio: uns 500 euros que se fraccionan en importes máis pequenos para facilitar o seu emprego nos establecementos adheridos ó MercAres e que foron entregados polos concelleiros José Juan Vilar e Olimpia Marcos. Con todo, […]

Conta atrás para que Papá Noel chegue ás rúas de Ares

Tomade nota, porque na tarde do sábado, 24 de xaneiro, a cabalgata de Papá Noel realizará un percorrido dende Redes (16:30 h., Praza do Pedregal), pasando polas diferentes parroquias que integran o noso Concello, ata a Alianza Aresana. Alí, aproximadamente ás 18:45 horas, deixará o seu trineo para recibir xunto aos seus axudantes a todos […]

Días de moito trafego na biblioteca municipal de Ares!

Coa programación de Nadal xa en marcha, na Alianza Aresana percíbese moito, moito movemento da man das familias, o persoal bibliotecario e os máis pequerrechos. Os obradoiros de manualidades e de decoración navideña, xunto con algún contaconto, están enchendo a nosa biblioteca municipal de actividade. Estas son algunhas das fotos que nos deixaron as últimas […]

Programa de termalismo social do IMSERSO

A Concellaría de Benestar e Igualdade, a través do departamento de Servizos Sociais, pon a disposición da veciñanza unha liña de tramitación das solicitudes no programa de Termalismo Social do IMSERSO. A iniciativa, que conta con 192.000 prazas para a convocatoria de 2023, permite desfrutar dunha estancia en réxime de pensión completa nalgún dos balnearios […]

Achegan produto de calidade e de proximidade:

Bo pan, mellores carnes e peixes e outros tantos bens de primeira necesidade que fornecen as nosas cociñas e fogares. Esa é a síntese detrás dos 17 negocios de alimentación que se sumaron ó MercAres! Coñece nesta publicación  a algúns dos rostros que hai detrás dos mostradores dos locais. E anímate a participar na campaña […]

Desexas terminar o ano a ritmo de zumba?

Pois ollo, porque o sábado 31 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas, a Concellaría de Deportes programa a actividade de “ZumbAres” para deixar atrás o 2022 con movemento e diversión! Así, a Praza da Constitución acollerá unha sesión de zumba para todas as idades. Se a climatoloxía non acompañase, realizarase no pavillón polideportivo municipal […]

Ares organiza un bingo solidario a favor da loita contra o cancro

A Concellaría de Cultura e a Asociación Española contra o Cancro, que ten representación en Ares a través da súa delegación local, organizan conxuntamente un bingo solidario o próximo 22 de decembro ás 18:00 horas para recaudar fondos e axudar na loita contra a doenza, dentro da programación de Nadal da localidade. A Alianza Aresana […]