A Alianza Aresana acolleu na tarde de hoxe, día 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo Concello de Ares e o CPI As Mirandas, que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook. Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; […]

Na mañá de hoxe, o club de lectura municipal reuniuse para comentar a obra “O ceo é azul, a terra branca” da autora xaponesa Hiromi Kawakami. A sesión foi moderada polo equipo técnico da Biblioteca, quen dirixiu a discusión ao redor da obra e os seus principais temas.

Durante a reunión, o grupo debatiu sobre os personaxes da novela, as súas personalidades e relacións interpersoais, así como sobre a maneira en que a autora aborda temas como a soidade, a identidade e a amizade. Tamén se discutiu sobre o estilo de escritura de Kawakami e como este afecta a forma en que o […]

Búscanse figurantes para unha rodaxe en Ferrol e Ares con experiencia en oficios do mar

A produtora Vaca Films busca figurantes con experiencia no mar (mariñeiros, pescadores, mariscadoras, persoas con coñecementos náuticos…) para a súa próxima serie en plataforma de streaming. A rodaxe será en Ferrol, Ares, A Coruña, Malpica e Ría de Arousa. Se che interesa a interpretación e o mundo audiovisual tes a oportunidade de vivilo de preto […]

O Concello organiza dous obradoiros infantís de reciclaxe na Praza da Constitución!

As concellarías de Educación e Medio Ambiente de Ares anuncian a celebración de dous obradoiros dirixidos a nenos e nenas de 7 a 12 anos na Praza da Constitución. Os talleres celebraranse o próximo 6 de maio e son gratuítos, pero requiren inscrición previa a través da páxina web municipal debido ás prazas limitadas dispoñibles. […]

OBRADOIROS INFANTÍS DE RECICLAXE 2023

– Sábado 6 de maio – Na Plaza da Constitución, Ares – De balde – Inscrición previa Obradoiro de ramas literarias: de 11:00 a 12:30h Obradoiro de cuadriños feitps con refugallos da praia: de 12:30 a 14:00h Cada obradoiro é pra 25 nenos/as de entre 7 e 12 anos. Máis info: info@totemgestion.com  INSCRICIÓNS De maneira telemática o […]