Comeza o servizo de punto limpo móbil do Concello

Coa chegada de xaneiro, a Concellaría de Medioambiente vén de informar da posta en marcha do punto limpo móbil que se adquiriu en 2022, xa colocado nas inmediacións da Praza da Igrexa de Ares. Permanecerá alí toda a semana para que a veciñanza deposite pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; […]
Feliz Aninovo dende o Concello de Ares!!!

Que os desexos que aínda fican pendurados preto da Ponte da Ciscada poidan cumprirse no 2023!! #NadalenAres #ConcellodeAres #ViveoNadalViveAres #Ares #iluminaosteusdesexos
O Campus Chiquibasquet clausura a súa sétima edición navideña

Esta mesma mañá, o pavillón polideportivo de Ares acolleu o peche do VI Campus Chiquibásquet de Nadal, poñendo punto e final ás tres xornadas que se desenvolveron na mesma instalación deportiva municipal do municipio aresán. Co baloncesto en primeira liña, a iniciativa organizada por Chiqui Barros en colaboración coa Concellaría de Deportes achegou formación a […]
Nova vida para o local con pista de Seselle tras a reforma de adecuación do Concello

As obras no interior e exterior da edificación veñen de finalizar nestes últimos días, terminando co estado construtivo primitivo que amosaba o espazo. Interviuse nos teitos, na pavimentación do chan, nas fachadas, na pista exterior e tamén no sistema de acondicionamiento ambiental, entre outros elementos, executando un orzamento de 290.041,24 euros. A Concellaría de Urbanismo […]
Concerto do cuarteto Portugués Mar de Fado

Lembra que hoxe, venres 30 de decembro, a Alianza Aresana acollerá a actuación de Mar de Fado ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo. Achégate a grandes nomes e temas da cultura lusa a través da súa interpretación musical! Aproveita a ocasión!
Se desexas unhas boas larpeiradas, regalar flores ou outras ideas para o Nadal, mercar roupa ou ter a túa prensa diaria entre as mans… o comercio de Ares está sempre aí

Tanto durante a celebración do MercAres coma o resto do ano, os rostros que atoparás nesta publicación son os encargados de satisfacer os desexos da veciñanza no día a día! Hoxe coñecemos a 9 dos 17 locais de comercio que forman parte da campaña de consumo local e nos que poderás investir os premios que […]
A programación de Nadal do Concello continúa coa súa oferta deportiva e cultural

Nesta semana de transición entre o 2022 e o 2023, a vila de Ares acolleu múltiples actividades orientadas a crianzas e familias. Os máis pequenos pasáronno de rechupete no obradoiro de pastelería creativa que fixeron na biblioteca municipal ao longo do luns e do martes, pero tamén gozaron onte dos xogos nas parroquias, onde probaron […]
Alumnado do CPI As Mirandas gaña o I Premio Lazos Coruñeses con América Latina

Hoxe estamos de celebración non só polo Nadal, senón tamén pola boa nova que veñen de recibir no colexio municipal!! O traballo “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”, elaborado por alumnos e alumnas do CPI As Mirandas, recibiu o premio á investigación escolar da Deputación da Coruña por […]
Convocatoria para a concesión de postos no edificio do Mercado Municipal de Ares (Postos Nº 6, 7 E 8)
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 26/12/2022, pola que se acordou efectuar convocatoria para a concesión de postos municipais no edificio do mercado municipal de Ares (POSTOS Nº 6, 7 E 8), faise pública dita aprobación e procédese á súa convocatoria, con arranxo ao seguinte prego. En […]
O cuarteto portugués Mar de Fado chega á Alianza Aresana para lembrar grandes temas e nombres da música lusa

A área municipal de Cultura programa a súa actuación para este venres, 30 de decembro, ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo. A cultura portuguesa ten tamén o seu oco na programación de Nadal que organiza o Concello durante decembro e a primeira semana de xaneiro. Desta volta, estará representada a través […]
O punto limpo móbil do Concello estará operativo a partir da primeira semana de xaneiro

O novo servizo, que mellorará a recollida de residuos domésticos pola contorna municipal, instalarase en 12 ubicacións rotativas —unha por semana— repetindo o seu itinerario cada tres mensualidades. Nel poderán depositarse pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos O 2023 arrancará en Ares cunha gran […]
Campus Chiquibásquet de Nadal: o baloncesto máis navideño achégase ao pavillón polideportivo de Ares

Dende hoxe, mércores, ata o venres 30, o evento proporciona formación e diversión nos seus adestramentos dentro da vila. A sétima edición de Nadal inclúe desta volta preto de 20 xogadores e xogadoras. O VII Campus Chiquibasquet abriu esta mesma mañá as súas portas para encher o pavillón polideportivo municipal de baloncesto. O evento, organizado […]