Punto limpo móbil instalado na contorna de Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.

Ares saboreou o mellor da gastronomía galega coa campaña ‘Galicia sabe amar’

A foodtruck da campaña ‘Galicia sabe amar’ promovida pola Xunta de Galicia chegou onte ó municipio aresán para ofrecer as súas degustacións gratuítas ao longo de toda a xornada, un xeito de destacar a calidade e variedade da gastronomía galega e do produto de proximidade. Xunto con veciñanza e visitantes, á foodtruck instalada no paseo […]

O legado de Quinín conmemórase na Agrupación Instrutiva de Caamouco

Nesta fin de semana, a veciñanza puido achegarse á particular mirada  e obra artística de Joaquín Rojo Seijas, ‘Quinín’, grazas á exposición instalada na Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello, e inaugurada o sábado entre os representantes da asociación e a edila de Cultura, Alma Barrón. Houbo a posibilidade de contemplar cadros e […]

A foodtruck de ‘Galicia sabe amar’, este domingo no paseo marítimo de Ares

Este 13 de abril, xusto diante da casa consistorial de Ares e ao longo de todo o día, os veciños e veciñas poderán degustar totalmente de balde diferentes produtos galegos do mar e da terra, dentro da campaña ‘Galicia sabe amar’ que propón a Xunta de Galicia por múltiples municipios da comunidade autónoma. Chegará ó […]

22 de abril, Servizo de Renovación de DNI na Biblioteca de Ares

O 22 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono ☎️981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes […]

Ares consolida as dinámicas de traballo da súa Mesa de Saúde Local

Representantes do Concello, da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) de Ferrol e de asociacións aresáns con impacto no municipio reuníronse para pechar marzo cunha diagnose das necesidades da vila. Despois da súa constitución en febreiro de 2025, a Mesa abordou nesta ocasión as propostas de primeiras accións tendo en conta as oportunidades e […]

Últimos días para visitar a exposición Galicia en Foco

O mellor do fotoxornalismo galego aglutínase no andar superior da Casa da Xuventude de Ares grazas á 33ª edición de Galicia en Foco, unha mostra que chegou á vila a partir da coordinación entre o Club de Prensa de Ferrol e a Concellaría de Cultura. A exposición estará dispoñible até o 11 de abril para […]

Ares celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con Ana Meilán

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o espectáculo de narración oral que propuxo Ana Meilán ós pequenos e pequenas de 3 a 7 anos. Enmarcado na programación polo Día do Libro Infantil e Xuvenil do Concello, Meilán imaxinou un mundo sen ningunha bágoa. De feito, contou as aventuras de Simón, un neno que, […]

Punto limpo móbil instalado en Seselle

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana.   Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos Roupa e calzado. Por un Ares máis verde!