Apertura de inscricións do programa ‘Envellecendo en Ares’

Envellecendo en Ares

A partir de hoxe, martes, 3, até o 20 de setembro, poderás inscribirte nas 4 tipoloxías de obradoiros que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar na vila para os maiores de 55 anos empadroados/as no municipio. As inscricións tramítanse de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais de Ares sito na Praza da Constitución. […]

Renovación de DNI na Alianza Aresana o 10 de setembro

O Concello informa do inicio do servizo de renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) despois do parón estival. Este 10 de setembro, poderás renovalo na Biblioteca Municipal de Ares; lembra que é posible facelo ata 6 meses antes da data de caducidade! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou […]

Ares en marcha contra o cancro

A nosa localidade adentrouse nos primeiros compases do mes de setembro movéndose por unha causa solidaria: o apoio á loita contra o cancro, no marco da andaina que promoveu a Xunta local da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) en Ares, en colaboración co Concello. Aproveitando a boa climatoloxía, a veciñanza percorreu onte o paseo […]

Ares adéntrase no seu pasado indiano

A sétima edición do Ares Indiano inaugurouse oficialmente esta mesma mañá reafirmando os alicerces da festa: recoñecer e homenaxear a todas as persoas que migraron ás Américas, independentemente do seu éxito económico ou social. A celebración despregará no municipio máis de corenta actividades culturais cun enfoque lúdico, todas orientadas a reivindicar a pegada da migración […]

Ares camiña polos primeiros compases de xullo da man do deporte

A área deportiva municipal arrancou entre este luns e hoxe toda a súa oferta para o período estival! O VeraneAres Deportivo 2024 iniciou así os seus xogos nas parroquias, mais tamén o Xuventude Verán Activo e os Campamentos Deportivos Urbanos, tres grandes programacións para que  ninguén quede sen o seu oco para moverse e gozar […]

Prazas dispoñibles nos cursos da Casa da Xuventude destinados á rapazada

Se estás procurando algunha actividade onde o lúdico e a tecnoloxía se unen, a Casa da Xuventude Municipal oferta unha programación co foco posto no eido dixital, a robótica, a impresión 3D e a sensibilización en cuestións básicas como a ciberseguridade ou o coidado da saúde mental, tendo en conta o impacto das redes sociais […]

Venres, 21 de xuño, último día para formalizar o pago do ConciliAres 2024

A área de Servizos Sociais municipal lembra que mañá, venres, 21 de xuño, é o último día estipulado para formalizar o pago do ConciliAres 2024, o programa municipal de conciliación laboral e familiar. Se aínda non o fixeches, contacta canto antes cos seguintes números de teléfonos para informarte e coñecer o importe da túa cuota: […]

Adiado o Scape Room previsto para o 9 de maio

Segundo informa a Concellaría de Cultura, por motivos de saúde que imposibilitan á súa organización, adíase o Scape Room destinado á rapazada de 7 a 12 anos previsto para mañá, 9 de maio, ás 18:30 h. nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares. Desculpen as molestias.

Xa dispoñible a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía na Casa da Xuventude

Até o 26 de maio,  veciñanza e amantes da fotografía da zona poden desfrutar da mostra que promoven a Concellaría de Cultura e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra no andar superior da Casa da Xuventude. Esta 2ª Exposición Multidisciplinar está composta por preto de 50 instantáneas dos membros da asociación ferrolterrá e supón unha […]

Estudantado do CPI As Mirandas coñece as posibilidades da vela adaptada

Esta semana, a Concellaría de Deportes programou unha nova actividade que axuda a ver o deporte dende unha visión máis inclusiva, incorporando unha saída á ría guiados por Álvaro Illobre en embarcación adaptada para persoas con mobilidade reducida. A iniciativa, organizada dentro do programa europeo Sporural, contou coa colaboración de ADM Ferrol e o Club […]