1.- Obxecto da convocatoria:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal dun Oficial 1ª de maquinaria para o departamento de obras e servizos. Dito posto se corresponde coa RPT aprobada na sesión plenaria do día 30-01-2017 e publicada no BOP núm. 62 de 31 de marzo de 2017).

A urxente necesidade da contratación deriva da extinción do contrato do traballador que ocupaba tamén de xeito temporal o posto de traballo que se pretende cubrir con este proceso de selección. Existen necesidades urxentes e inaplazables, que fai necesaria a contratación de persoal para atenderás múltiples tarefas do departamento que requiren o uso da maquinaria específica propiedade do concello (pala, soldadura, mecánica, etc.), xa que o seu uso non pode estar desatendido tendo en conta as múltiples labores que se desenvolven con ela e segundo a memoria xustificativa da obra ouservicio.

2.- Período e modalidade de contratación:
Contratación laboral temporal, pola modalide de interinidade, ata que se leve a cabo o proceso de estabilización iniciado polo Concello de Ares, publicado no B.O.P. núm. 246 de data 29 de decembro de 2022.

3.- Requisitos xenéricos dos aspirantes:
a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade.
c) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.
d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
f) Titulación: EXB-FP-1.
g) Carné de conducir B1.
Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

4.- Sistema de provisión: Concurso-Oposición.

BASES OFICIAL DE 1ª DE MAQUINARIA PARA O DEPARTAMENTO DE OBRAS E SERVIZOS DO CONCELLO en pdf