Na última reunión do Club de Lectura Municipal, as participantes romperon coa rutina ao deixar a biblioteca e ir ao porto de Ares para gozar dunha merenda xunto ao mar.

En vez de analizar un libro concreto, a Concellaría de Cultura sorprendeu ao regalarlles “A Madriña” de Nones Araújo, gañadora do I Certame de Novela Curta Alén Concello de Ares, que destaca historias da migración. Unha temática que encaixa co espírito do Ares Indiano, o evento que non só celebra a memoria da migración, senón […]
Nomeamento Tribunal Calificador para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA NOMEAMENTO TRIBUNAL CALIFICADOR DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL. Publicada no Boletín Oficial da Provincia BOP nº 223 de 22/11/2023 a convocatoria e Bases do proceso selectivo para creación dunha bolsa de traballo para […]
Lembra que a biblioteca municipal de Ares está a levar a cabo a iniciativa solidaria “Libros x Alimentos no Nadal”

Tes tempo ata o vindeiro venres, 15 de decembro, para unirte a esta causa. Simplemente achégate á biblioteca con alimentos non perecedoiros e, como agradecemento, recibirás un libro de segunda man. Esta campaña ten un impacto directo no apoio a Cáritas de Ares, xa que todos os alimentos colleitados serán destinados a esta organización. Anímate […]
COMPOSTAXE DOMÉSTICA CONCELLO DE ARES

Se resides nunha vivenda illada que conte cun mínimo de 25 m2 de parce4la, xa podes facelo. De Balde !!!! SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL NO CONCELLO DE ARES Solicitude de participación no marco do programa da “Compostaxe doméstica no Concello de Ares”, e compromiso de colaborar co Concello no seguimento do seu uso. Actuacións financiadas […]
Ares pon en marcha o seu Programa de Compostaxe Doméstica

O Concello de Ares fará entrega de composteiros nas vivendas unifamiliares que o soliciten. Os residentes nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo 25m2 poden solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 981 468102 ou ben a través do código QR que se habilitou para facer o trámite online. O composteiro […]
Finalizada a instalación de Contadores de Telemetría para supervisar os caudais, as presións e detectar posibles Fugas de Auga

O Concello informa sobre a conclusión da instalación de contadores de telemetría en áreas crave, como a avenida de Redes, a rúa Irmáns Bugallo, a rúa San Xosé e a avenida Federico García Expósito. Estes contadores, integrados nun sistema de telemetría avanzado, permitirán supervisar de maneira eficiente os caudais, as presións e eliminar perdas na […]
Corrección de erro material aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de Obras e Servizos Municipais Interino ou Persoal Laboral Temporal
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Corrección de erro material Advertido erro material no acordo adoptado por Resolución de Alcaldía 855/23 de data 11/12/2023 relativo á incorrecta denominación do nome do aspirante admitido no PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO E SERVIZOS OU AUSENCIAS QUE SE […]
Do 11 de decembro ao 8 de xaneiro, a Biblioteca pon en marcha a actividade “Unha Mesa no Nadal”.

Nestas datas tan especiais, a biblioteca municipal acaba de crear un apartado dedicado a libros temáticos de Nadal, especialmente deseñado para os máis pequenos/as. Nesta selección de títulos, poderás mergullarte en historias que capturan o espírito das festas, todos dispoñibles no catálogo de préstamos. Non deixes de botarlle un ollo e disfruta da maxia da […]
Aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Publicada no Boletín Oficial da Provincia BOP nº223 de 22/11/2023 a convocatoria e Bases do proceso selectivo para creación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como traballador/a social, polo sistema de Concurso-Oposición libre, e rematado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte […]
Atención a todos os peques de 6 a 10 anos en Ares!

Desde hoxe, luns 11 de decembro, ata o venres 15, estendémoste a invitación para inscribirte na biblioteca municipal para converterte en axudante de Papá Noel ou dos Reis Magos. Únete a eles apuntándote esta semana na Alianza Aresana e terás a oportunidade de formar parte das cabalgatas e participar no reparto de caramelos durante as […]
O vindeiro sábado 16 de decembro, Ares converterase no epicentro dunha iniciativa dedicada á arte do baile.

Dentro da axenda municipal do Nadal, a música e a danza fusiónanse coa exhibición que ofrecerá a escola Comp-Arte. Coa colaboración do Concello, Comp-Arte deleitará ao público coas súas coreografías de danza moderna no marco do Festival de Nadal, que se levará a cabo no pavillón polideportivo da localidade. A función está programada para o […]
Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de Obras e Servizos Municipais Interino ou Persoal Laboral Temporal
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA NÚMERO Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO E SERVIZOS OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª PARA O SERVIZO DE OBRAS E SERVIZOS MUNCICIPAIS INTERINO OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL no Boletín […]