O Concello anuncia a instalación de tres Mini Puntos Limpos Fixos no Municipio

O Concello de Ares anuncia a posta en marcha dunha nova iniciativa de sustentabilidade ambiental na localidade: a instalación de tres mini puntos limpos fixos. Este proxecto, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente, conta cun orzamento total de 11.890 euros (IVE incluído), financiado tanto polo propio Concello como pola Consellería de Medio Ambiente a través […]
Corrección de erros da Acta levantada polo Tribunal para a contratacion laboral temporal dun/ha Auxiliar Administrativo/a a xornada parcial (20 horas/semana) para desempeñar as funcions da Secretaria do Xulgado de Paz de Ares
Detectado erro na Acta levantada polo Tribunal de Exame do dia 8 de novembro do ano en curso no punto segundo e pu nt o terceiro. No punto segundo: *.- o/a aspirante con D.N.I. * * * *0900P debe de figurar como Non presenta do/ a *.-o/a aspirante con D.N.I. * * * *8157M debe […]
Corrección proba práctica Contratacion Laboral Temporal dun/ha auxiliar administrativo/a a xornada parcial (20 Horas/Semana) para desempeñar as funcions da Secretaria
Sendo as 10,30 horas do día 8 de novembro do presente ano, reúnese no Salón de Plenos da Casa do Concello a Comis ión Seleccionadora encargada do proceso selectivo para a CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A A XORNADA PARCIAL ( 20 HORAS/SEMANA) PARA DESEMPEÑAR AS FUNCIONS DA SECRETARIA DO XULGADO DE PAZ DE ARES […]
Servizos Sociais pon en marcha as Axudas Económicas para os Agasallos de Nadal 2023

Poderán concorrer a esta liña de apoio todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e que conten cun menor beneficiario que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis. Estableceranse uns baremos onde se terán en conta os ingresos das unidades familiares, primando a aquelas […]
O Concello Inicia as Obras para modernizar e mellorar a Rede Municipal de Abastecemento de Auga Potable e eliminar perdas de Auga

As actuacións (na avenida de Redes, rúa Irmáns Bugallo, rúa San Xosé e avenida Federico García Expósito) inclúen a instalación de contadores de auga conectados a un sistema de telemetría que supervisará os caudais, as presións e detectará posibles fugas Os traballos, cun orzamento de 50.000 euros, serán financiados cunha subvención da Dirección Xeral de […]
Concello e Deputación visitan as sendas peonís de Ares a Redes e de Ares a Chanteiro

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, xunto ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, levaron a cabo unha visita esta mañá a dous proxectos que supoñen unha mellora crucial na seguridade viaria do municipio. Estes proxectos implicaron a construción dunha senda peonil na estrada de Ares a Redes e outra na estrada que […]
A pesar das inclemencias do tempo, a celebración do Samaín e Magosto levouse a cabo onte na pista cuberta do CPI As Mirandas

Os nenos e nenas asistiron con disfraces do máis creativos, e gozaron de xogos, música, talleres e, por suposto, das tradicionais castañas asadas. Grazas a tod@s por participar!
Ao longo da semana pasada, presenciamos unha fusión entre o encanto de Halloween e o misterio que o rodea, a través das actividades que se levaron a cabo na Alianza Aresana

Desde os valentes “Buscapistas” que, con lanternas en man, aventuráronse a explorar os recunchos máis enigmáticos, ata os intrépidos participantes dos talleres “Terroríficos” que desafiaron a súa creatividade para dar vida ás criaturas máis horribles xamais imaxinadas. Con todo, a diversión non se detivo aí, xa que tamén houbo quen se atreveu a mergullarse no […]
“Contos para caghar patatillas”, presentado por Brais das Hortas, chega este sábado a Cervás

Lembra que mañá, sábado 4 de novembro, o narrador, músico e creador de instrumentos, Brais das Hortas, ofrecerá o seu espectáculo no CIRS de Cervás, dirixido para o público infantil e familiar. Haberá música, humor, efectos especiais, participación activa do público, danza e mesmo a creación de instrumentos a partir de obxectos reciclados…Todo isto acompañando […]
O Concello informa que as obras tanto no patio como no segundo edificio das Escolas do Lago atópanse nas súas etapas finais.

Esta renovación integral do conxunto arquitectónico, deseñado polo arquitecto Rodolfo Ucha en 1955, foi un proceso destinado a preservar o seu valor histórico e mellorar o seu estado de conservación. A primeira fase de renovación completouse no primeiro edificio, cun investimento de 134.000 euros. Durante esta fase, abordáronse aspectos cruciais, como teitos, tabiquería interior, pavimentos, […]
Lembra que o peche da programación municipal de Samaín e Magosto levarase a cabo este domingo 5 de novembro

Ofrecendo unha tarde chea de actividades na pista cuberta do CPI As Mirandas, en lugar da Praza da Constitución debido ás previsións de choiva, a partir das 17:00 horas. As actividades programadas incluirán talleres de manualidades, un photocall da Sociedade Cultural O Tilo, xogos inflables, un concurso de cabazas, un espectáculo musical infantil e, por […]
Lista de admitidos e excluidos no proceso selectivo para Contratacion Laboral Temporal dun/ha auxiliar administrativo/a a xornada parcial para desempeñar as funcions da Secretaria do Xulgado de Paz
Aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno de Ares as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A A XORNADA PARCIAL ( 20 HORAS/SEMANA). PARA DESEMPEÑAR AS FUNCIONS DA SECRETARIA DO XULGADO DE PAZ DE ARES e publicado anuncio da convocatoria no Diario de Ferrol ó 19/10/2023. Por Resolución da Alcaldía de […]