A pista deportiva de Chanteiro converteuse no escenario do II Campionato de Fútbol Sala Base, organizado polo Centro Cultural Outeiro co apoio da concellaría de Deportes municipal.

O torneo deu iniciou o pasado 5 de xullo e logrou reunir a numerosos xogadores novos, que están a destacar polo seu nivel futbolístico. Tras varios días de encontros, as finais disputaranse a próxima semana. Ao peche do torneo haberá premios para os gañadores de cada categoría, nunha cerimonia de clausura que terá lugar o […]

O Centro Cultural Outeiro celebrou o sábado o XXX concurso de pesca deportiva

O pasado sábado os aficionados á pesca tiveron unha cita no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, quen organizou a trixésima edición do concurso de pesca deportiva, que serviu tamén para render homenaxe a “Lolo do Outeiro” e a Andrés Pedre. A competición levouse a cabo no areal de Chanteiro, desde as sete da mañá ata […]

As cores inundaron o ConciliAres!

Os pequenos participantes do servizo municipal de conciliación familiar e laboral gozaron o pasado venres dunha “festa Holi”, unha actividade que involucrou pos de cores, inspirada no famoso Festival da Primavera ou Holi da India. Esta celebración hindú converteuse nunha das máis significativas no país, defendendo a paz e a igualdade sen importar xénero ou […]

PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA A TRAVESÍA A NADO

A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, martes 18 de xullo, pechouse o prazo para inscribirse na XXVI Travesía a nado Ría de Ares, debido a que as prazas habilitadas xa se atopan esgotadas. Por dito motivo a plataforma de inscricións atópase xa pechada e mesmo serà imposible a inscrición o mesmo día da […]

Ramón Casteleiro presenta unha Exposición de varios dos seus cadros na Casa da Xuventude

O aresano Ramón Casteleiro, cirurxián ortopédico retirado que divide o seu tempo entre Madrid e a súa vila natal, descubriu o seu talento artístico pouco antes de xubilarse e desde entón converteuse nun destacado pintor ao óleo e escultor. A exposición, titulada “Escolma de pintura dun tempo”, inaugúrase hoxe na Casa da Xuventude de Ares […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 18 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

O Concello impulsa a sustentabilidade e a ambientación festiva durante o Ares Indiano

A concellaría de Cultura da localidade anunciou dúas novidades que se implementarán durante a próxima celebración da sexta edición do Ares Indiano, os días 18, 19 e 20 de agosto. Estas iniciativas, dirixidas aos hostaleiros do municipio, teñen como obxectivo promover un consumo máis sostible e engadir un toque distintivo e decorativo ao evento. Por […]

O Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en colaboración co Concello de Ares, presenta unha conferencia dedicada ao pintor ferrolán Álvarez de Sotomayor.

O evento levarase a cabo este mércores 19 de xullo ás 20:00 horas no propio Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. A conferencia será a cargo da Doutora en Historia da arte, María Fidalgo Casares, unha destacada experta en arte galega e unha prolífica investigadora da obra de Álvarez de Sotomayor. Durante a conferencia, Fidalgo […]