Completada a sexta ruta do SendAres!

Onte, uns vinte sendeiristas achegáronse á beleza de Meirás e da praia de Ponzos no marco do sexto itinerario que promoveu a Concellaría de Deportes en colaboración con Kapitrek. Un percorrido no que houbo algúns puntos de especial interese, coma o espectacular Pico da Vela ou Campelo, o miradoiro dende onde se contempla toda a […]

A tarde do sábado foi tarde de remo!

A ría aresá encheuse de remeiras e remeiros para materializar a Bandeira de Bateis Concello de Ares, un evento deportivo no que se puido ver en marcha á canteira da nosa localidade. Terminada a xornada, foi o Club Remo Cabo da Cruz o que se saldou coma gañador da bandeira. Embaixo atoparás algunhas das instantáneas […]

E Ares camiñou pola igualdade!

Este sábado pasado, a veciñanza acudiu á Praza da Constitución, malia a choiva e o vento, para reclamar unha sociedade máis xusta; unha sociedade onde mulleres e homes poidan desenvolverse cos mesmos dereitos e oportunidades. Pese ás condicións metereolóxicas, realizáronse os dous percorridos deseñados, a andaina e a marcha urbana, coma exemplo do camiño percorrido […]

O Concello adxudica o proxecto básico para acondicionar o interior da Rectoral

Esta mesma semana formalizouse a adxudicación das obras, que permitirán reformar un espazo de interese patrimonial, edificado en 1696, a través dun investimento de 121.527 euros, IVE incluído, asumido entre os fondos municipais e o POS+2021 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a adxudicación definitiva do proxecto básico de acondicionamento […]

Tras o reconto das inscricións para Camiña pola Igualdade, dende a Concellaría de Deportes e o Departamento de Servizos Sociais queren agradecer a considerable involucración da localidade para a dinamización destas dúas andainas que conmemoran o Día Internacional da Muller!

Contabilizados os rexistros tanto telemáticos coma físicos, o total de inscritos/as elévase a máis de 200 persoas! Un número que amosa o interese xerado e a necesidade de continuar coas reivindacións a prol da igualdade de xénero e a procura de maiores dereitos para as mulleres. Xa sabes: este sábado, camiña por Ares para construír […]

O foodtruck da campaña Galicia sabe a Mar xa está en Ares!

Achégate ata alí para degustar gratuitamente produtos do mar galegos, coma o mexillón en escabeche con faba lourenzá, en horario de mañá, de 12:00 a 15:00 h., e de tarde, de 16:30 a 19:30 h. Poderás atopalo no paseo marítimo da localidade, ao carón do consistorio. Aproveita e goza dunha mostra da gastronomía galega!

Ares conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller 2023

O Concello de Ares adhírese á declaración institucional con motivo do 8M aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias, entendendo esta data coma un día de celebración dos avances obtidos ao longo da historia, mais tamén de reivindicación polo que aínda queda por acadar en materia de igualdade entre homes e mulleres. Ampliar o […]

O técnico informático do Concello, coma parte da área de TICs municipal, recepcionou hoxe o novo material para a Aula CeMIT da Casa da Xuventude!

Un reforzo que provén dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e que permitirá aumentar a dotación en novas tecnoloxías de Ares. O paquete de material disruptivo que se vén de entregar está composto dunha impresora 3D, co seu kit de consumibles, varios robots educativos con kits de construción, drons de voo interior, […]

O Concello e o Club de Remo presentan a Bandeira de Bateis Concello de Ares

Celebrarase este sábado, 11 de marzo, ás 16:00 horas e os afeccionados poderán achegarse a 15 clubs de A Coruña e Lugo que converten a regata nunha cita chave no calendario. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a concelleira de Deportes, Noelia Montero; Germán Sánchez e José Montero ‘Peli’, respectivamente presidente e secretario do […]

Ares celebrará a segunda edición do DegustAres, a ruta de pinchos para gozar da gastronomía local

Durante dúas fins de semana deste mesmo mes, 11 establecementos que forman parte da hostalería aresán ofertarán diferentes tapas, sumándose así á iniciativa que promove o Concello de Ares. A nova edición chega con novidades no sistema de puntuación, pero tamén nos premios: xunto ós galardóns económicos, entregaranse dúas visitas, pernoctación incluída, nas Bodegas Valdelana […]