O espírito de superación e as risas de CampeoneX despiden o Ciclo de Cine de Verán municipal

Bo humor e emoción foron protagonistas da última sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre do Concello, coa proxección de CampeoneX o xoves pasado no patio das Escolas do Lago. A veciñanza desfrutou da continuación de Campeones, dirixida por Javier Fesser, seguindo co mesmo grupo de ‘Los amigos’, que tiveron que reinventarse […]
Xa dispoñibles as inscricións para os obradoiros do VIII Ares Indiano

Xa podes formalizar a reserva de praza para os obradoiros que impulsa o Concello no VIII Ares Indiano. Lembra que as inscricións se realizan telematicamente a través da páxina web institucional, www.concellodeares.gal, accedendo á seguinte ligazón: https://concellodeares.gal/inscricions-obradoiros-ares-indiano-2025/. Consulta aquí embaixo a oferta que se impulsou para esta última edición. OBRADOIROS TEMATIZADOS Decora a túa bolsa […]
Ares premiará as mellores caracterizacións indianas cun concurso de traxes

A Praza da Constitución da vila transformarase en escenario de desfiles a través dunha das novas propostas da Concellaría de Cultura para o Ares Indiano 2025. Durante a tarde do domingo, 24 de agosto, o Concello impulsará un concurso de vestimenta indiana, ‘Amosa o teu traxe’, co foco posto en premiar a implicación do público […]
O Ares Indiano tamén se saborea con 7 showcookings e 2 degustacións de chocolate para fusionar os sabores a ambos lados do Atlántico

O Concello, grazas á involucración da Deputación da Coruña no evento dentro da súa campaña ‘A paisaxe que sabe’, contará cunha carpa gastronómica e un mercado de artesáns que se instalarán no Parque Rosalía. A cociñeira Nair González, unha das mellores chefs da provincia, e o especialista en elaboracións con chocolate Tomás Rodríguez, de OXOCO, […]
Xabier Díaz, Septeto Naborí e 11 agrupacións musicais encherán as rúas de melodías durante o Ares Indiano

No Ares Indiano continuarán mesturándose os ritmos galegos coas melodías cubanas grazas ás súas actuacións musicais e pasarrúas que encherán de vida as rúas do municipio ao longo do 22, 23 e 24 de agosto. Galicia e Latinoamérica uniranse un ano máis a través da cultura e da expresión artística. Desta volta, o grupo Septeto […]
Inscricións Obradoiros Ares Indiano 2025

VIII Ares Indiano 22, 23 e 24 de agosto 2025 Obradoiro de customización de complementos – Martes 19 de agosto: https://forms.gle/e1HpJRXNHq14Vg3M7 Obradoiro de customización de complementos – Mércores 20 de agosto: https://forms.gle/VKPArAQ6UMRfovnS8 Obradoiro decora a teu abanico- Sábado 23 de agosto: https://forms.gle/kBzr8VJg1AHMsFo49 Busqueda tesouro indiano Ares – Sábado 23 de agosto: https://forms.gle/mvF41jVzwhxVSU73A Obradoiro infantil Elabora o teu cadro caribeño – Domingo […]
A tenda de aluguer efémero de vestimentas indianas chegará a Ares do 18 ao 23 de agosto

Chimpos, a empresa compostelá especializada en vestiario histórico rexentada por Betty Sieira, regresa á vila aresá para instalar a tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana na Avenida Saavedra Meneses, número 16. Do luns, 18, até o sabado, 23 de agosto, todo aquel que o desexe poderá botar unha ollada ao seu catálogo, probar as […]
O lavadoiro de Fonte da Cal, en Chanteiro, recuperarase cun proxecto de rehabilitación do Concello

Será o quinto lavadoiro que se reacondicionará despois dos traballos realizados dende a Concellaría de Urbanismo en Baixolo (Seselle), Bulleiro (Lubre), A Torre (Cervás) e, no verán pasado, Fonte da Tella (Lubre) A intervención eliminará o feísmo, dotará ao conxunto de lavadoiro e fonte de maior harmonía e rehabilitará tanto a súa estrutura como cuberta. […]
Lista de admitidos/as Para A Creación Dunha Listaxe De Reserva Para A Cobertura Das Eventuais Vacantes Ou Ausencias Que Se Poidan Dar Nos Postos De Limpiador/A Municipal Para Realizar Contratacións Laborais Temporais
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Alcalde-Presidente Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS. Tendo en conta as bases que regulan a cración dunha listaxe de […]
Ampliación do prazo de inscrición para as primeiras rutas do SendAres 25-26

O Concello de Ares vén de informar da ampliación do prazo para reservar prazas e participar na saída cara León do SendAres 25-26 ata as 14:00 horas do 🗓️ xoves, 14 de agosto. A iniciativa implica sumarse a dúas rutas: a Travesía Puerto Las Señales-Maraña e Maraña-Acebedo, baixo un prezo de 150 euros, pernocta, desprazamentos, […]
O Ciclo de Cine de Verán do Concello rematará o vindeiro xoves coa proxección de CampeoneX

As Escolas do Lago acollerán esta última sesión o 14 de agosto a partir das 22:00 horas. O xoves, 14 de agosto, porase punto final á programación do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre do Concello, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. As Escolas do Lago contarán coa proxección […]
Os roteiros en barco, autobús histórico e a pé, xunto cos obradoiros tematizados do VIII Ares Indiano, abrirán mañá as súas inscricións

Este mércores, 13 de agosto, as persoas interesadas poderán reservar a súa praza tanto nas tres tipoloxías de roteiros do Ares Indiano –a pé con Cayetano Lledó, en autobús e a bordo do M. Presas—como nos obradoiros de pintura, decoración e búsqueda do tesouro. Serán todas elas experiencias para gozar da oitava edición da celebración […]