Concentración en defensa do Transporte Público o próximo mércores 20 de Xullo en Ares

O Concello de Ares, xunto a outros concellos da comarca, convoca unha concentración en defensa do transporte público o próximo mércores, 20 de xullo, diante da casa consistorial. Incluirá a lectura dun manifesto a partir das 20:30 horas. Esta concentración realizarase de xeito simultáneo fronte ós consistorios dos distintos municipios convocantes. Ademais de Ares, impulsan […]

Entrega dos premios aos gañadores/as do Concurso de Decoración do Concello organizado para celebrar as #AlfombrasFlorais de Ares

Ao longo das últimas semanas, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, fixo entrega dos premios aos gañadores/as do Concurso de Decoración do Concello organizado para celebrar as #AlfombrasFlorais de Ares. Os importes de 100 euros dos 6 vales entregáronse en contías máis pequenas para facilitar o seu canxe no maior número de establecementos posibles. Parabéns […]

Liña directa de axuda a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio

O Concello lembra que dende o pasado 8 de xullo ata o 30 de setembro estará activo o prazo para solicitar a axuda directa de 200 euros destinada a traballadores, autónomos e desempregados promovida polo Goberno de España. Estes son os requisitos económicos establecidos para beneficiarse dela: Contar cuns ingresos inferiores a 14.000 euros na […]

Posta en marcha do Programa de Turismo 2022-2023 do IMSERSO

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de informar dun dos principais servizos estatais que afectan ás persoas maiores: a posta en marcha do Programa de Turismo 2022-2023 do IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais). Se estás interesado/a en viaxar con programa, ten en conta que o prazo de presentación de novas solicitudes -persoas […]

O Concello promove catro rutas para afondar no patrimonio mariñeiro de Ares

Divididas en dous itinerarios, un urbano e outro litoral, organizaranse cada sábado ata o 6 de agosto, con 20 prazas por xornada. As inscricións xestionaranse na Oficina de Información Turística (OIT) municipal, tanto por teléfono coma presencialmente, no seu horario habitual de apertura. Esta fin de semana, Ares activará o primeiro dos catro percorridos que […]

Concentración en lembranza de Miguel Ángel Blanco

O consistorio acolleu esta mañá, 13 de xullo, data na que se cumpren 25 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco, concelleiro de Ermua, pola banda ETA, unha concentración que actúa ao mesmo tempo coma homenaxe a todas as víctimas da violencia terrorista, adheríndose á iniciativa promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). […]

Ares vivirá a XXX edición da súa Milla Urbana

Representantes municipais e da Federación Galega de Atletismo presentaron o evento con máis tradición na localidade, que se celebrará o 6 de agosto. As inscricións, vía telemática en www.carreirasgalegas.com, xa están abertas ó público. A concelleira de Deportes, Noelia Montero; a tenente alcalde, Alma Barrón; o técnico municipal, Javier Sánchez, e o delegado ferrolán da […]

O V Congreso de Fotografía de Longa Exposición recalará no Mosteiro de Santa Catalina

Nas xornadas do 29 e 30 de xullo, en horario de tarde, Ares será o epicentro dun evento focalizado na fotografía, con faladoiros e presentacións arredor de instantáneas diurnas e nocturnas. Así, o V Congreso de Fotografía de Longa Exposición de Ares (LEA) achegará ós participantes unha panorámica xeral de como traballar con astrofotografía e […]

O Concello convoca unha concentración en solidaridade coas víctimas do terrorismo

Mañá, mércores, 13 de xullo, cúmprense 25 anos do asesinato de Miguel Ángel Blanco, concelleiro de Ermua, por parte da banda terrorista ETA, un crimen que conmoveu e conmocionou á sociedade e institucións españolas. Con motivo deste feito, coma lembranza de Miguel Ángel Blanco, mais tamén coma recoñecemento a todas as víctimas do terrorismo, o […]