Ares reivindica un transporte público de calidade

A recuperación das liñas suprimidas, o cumprimento dos horarios e a mellora integral do servizo configúranse coma as principais demandas dunha problemática estrutural e que afecta a toda a comarca. Os 11 concellos que organizaron conxuntamente a concentración de onte en defensa do transporte remitirán á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade as sinaturas recabadas nos […]

Peche das inscricións para a Travesía a Nado

A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, mércores, 20 de xullo, pecha o prazo para inscribirse na XXV Travesía a nado Ría de Ares. Poderás cubrir o seguinte formulario ata as 23:59 desta noite: https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79. Aproveita estas últimas horas para sumarte a un evento marcado polo desfrute da práctica deportiva e as augas tranquilas! […]

Este venres temos cine de verán na Praza da Constitución

Este venres, 22 de xullo, temos cine de verán na Praza da Constitución ás 22:30 horas! A segunda proxección será a de “Valentina”, Goya á mellor película de animación de 2022 e a primeira longametraxe da directora ferrolá Chelo Loureiro. O filme narra a historia de Valentina, unha nena que desexa ser trapecista, mais que […]

Ares recupera a homenaxe musical a Gildo Illobre

O evento organizarase o 30 de xullo por quinta vez para encher o Parque Rosalía de música e lembrar ao director e acordeonista aresán. A Coral Estelas do Mar, a Rondalla Mugardesa e os Trovadores de Ares participan na volta da iniciativa e evidencian a fonda pegada musical de Gildo. A localidade aresán rendirá de […]

Comeza o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta

A iniciativa recala un ano máis na localidade a través da colaboración da Fundación, o Concello de Ares, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia ADR. Do 18 ao 22 de xullo, o campo municipal de Prados Vellos contará con sesións lúdico-educativas de mellora futbolística. Durante as mañás de toda esta semana, […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada 21-22

O programa de sendeirismo municipal terminará cunha viaxe a Asturias dividida en dúas etapas, unha delas nas fouces do Esva e outra pola Senda de Naviega, por un prezo de 85 euros. A inscrición abrirá hoxe, 18 de xullo, ás 23:59 horas, e estenderase ata o 11 de agosto ou o remate das 18 prazas […]

Ares completa a primeira quincena da programación deportiva con éxito de participación

Esta semana realizáronse as sesións iniciais das actividades que quedaban por comezar dentro da planificación lúdico-deportiva do Concello: o manexo de drons, os partidos de fútbol burbulla (dúas novidades) e volei-praia. A área de Deportes recalca que se cubriron todas as prazas convocadas de Xuventude Verán Activo, a oferta destinada á mocidade do municipio. As […]

O ConciliAres achega arte e patrimonio natural ós máis pequenos

Co remate da semana, tamén chega o resumo de todas as actividades que puideron desfrutar os nenos e nenas que participan no servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar. Unha proposta que, desta volta, volveu colocar os espazos verdes da vila no centro da súa actividade: o parque Rosalía de […]

Lembra os eventos que tes á túa disposición en Ares durante esta fin de semana!

15 DE XULLO ÁS 20:00 HORAS (CANCELADO) CONCERTO do grupo Nostálgicos no Mosteiro de Santa Catalina Organiza: Asociación de Amigos de Sta. Catalina 15 A 31 DE XULLO EXPOSICIÓN de pintura de Gloria López Casa da Xuventude. Organiza: Concello de Ares 16 DE XULLO – XII REGATA Comodoro Luís Pérez Celada Organiza: Club Náutico Ría […]