Últimos días para inscribirse na XXX edición da Milla Urbana!

A Concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 2 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xxx-milla-urbana-concello-de-ares/a8017fab-c5e6-dd41-aca9-3a03aae5bdd0 A XXX Milla Urbana é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo, con distancia homologada, mais que está aberta tanto a atletas federados coma […]

O Concello de Ares resulta beneficiario de unha subvención da Deputación Provincial da Coruña para execución do programa PEL- CONCELLOS_Axudas ao sector de orquestas e verbenas

O Concello de Ares resultou beneficiado dunha subvención da Excma Deputación Provincial por importe de 7.000€ publicado no BOP nº 140 do 26/07/2022 ao abeiro da convocatoria PEL-CONCELLOS_Axudas sectorde orquestas e verbenas. Mediante esta convocatoria o Concello de Ares solicitamos adherirnos a esta liña de axudas para apoiar o concello na reactivación de sectores afectados […]

A Xunta vén de abrir recentemente o prazo de solicitudes do “Bono Coidado”

A Xunta vén de abrir recentemente o prazo de solicitudes do “Bono Coidado”, unha axuda para atender as necesidades de conciliación que poidan ter as familias con menores de ata 12 anos ao seu cargo en momentos puntuais ou durante os períodos de vacacións escolares. Do Bono Coidado poderán beneficiarse os pais/nais e persoas titoras, […]

Orgullos aresáns para toda a localidade!

Esta fin de semana, o salón de plenos da casa consistorial acolleu o acto de recoñecemento institucional aos últimos logros de Natalia do Espírito Santo Filgueira (Campioa de España de Ximnasia Estética de Grupo), ao equipo de Modestos da SDR Numancia de Ares polo seu ascenso á Primeira de Galicia e aos seus Prebenxamíns polo […]

O Concello presenta o XV Concurso de Pintura Manuel Rebón

A área de Cultura do municipio organiza un ano máis o certame pictórico outorgando preto de 2.250 euros en prmios. A recepción de obras, de temática libre e baixo a técnica do óleo ou acrílico, será do 1 ao 9 de setembro. Ao longo desta mañá, Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Paula Fojo, presidenta […]

Clausura do Campus de Verán 2022 da Fundación Celta de Vigo

A concelleira de Deportes de Ares, Noelia Montero, e os monitores da Fundación organizaron o acto de peche dos adestramentos, que se desenvolveron con normalidade ao longo de toda esta semana. O campo de Prados Vellos acolleu un ano máis a clausura da programación deportiva que promoveu a Fundación Celta de Vigo durante todas as […]

O Concello organiza unha homenaxe polos últimos logros deportivos aresáns

Nos últimos meses, a nosa localidade recibiu moi boas novas dentro das competicións tanto galegas coma nacionais! Así, para celebrar o éxito dos Modestos e Prebenxamíns da SDR Numancia (campións de Liga de Segunda Galicia e Campións do grupo E2-Consolación, respectivamente), mais tamén de Natalia do Espírito Santo Filgueira, campioa de España de Ximnasia Estética […]