O alcalde de Ares e o presidente da Deputación supervisan o avance das obras no último tramo da estrada a Chanteiro

A intervención actual na DP-0402 aumentará considerablemente a seguridade do espazo e será continuista, cos mesmos materiais e mesma tipoloxía de sección, cos primeiros 3,6 quilómetros realizados previamente. Os traballos, xa en execución, avanzan a bo ritmo malia a complexidade técnica do trazado, cun gran número de vivendas afectadas. Julio Iglesias, alcalde de Ares, e […]

Recadación solidaria en apoio a poboación Ucraína

Dende o Concello, invítase a todo establecemento e/ou organización (hostalería, comercio, asociacións…) a sumarse á recadación solidaria en apoio a poboación ucraína. Aos locais que se desexen adherir voluntariamente, daráselles unha das huchas municipais para que a coloquen nas súas instalacións. Os puntos de recollida de bens básicos xa asignados –farmacias, supermercados ou tendas que […]

O goberno local rexeita os actos vandálicos producidos ao comezo desta semana

Ao longo deste martes, 8 de marzo, varios elementos de identificación e sinalización das sendas deportivas pola costa do municipio apareceron vandalizados con múltiples pintadas que impiden a súa lectura. O goberno local quere expresar o total rexeitamento a este acto non só polo contido das mensaxes, senón tamén porque supón unha degradación de obxectos […]

Concentración no Consistorio en Solidariedade co pobo Ucraíno

O Concello e a veciñanza de Ares sumáronse esta mañá á iniciativa da Femp cunha concentración silenciosa de cinco minutos que se desenvolveu ás 12:00 horas fronte ás portas da Casa Consistorial. Deste xeito, a través deste acto en solidariedade co pobo ucraíno, a poboación aresán traslada o seu apoio e afecto a todas as […]

O Concello organiza unha campaña de apoio a Ucraína con tres grandes liñas de actuación

O ente municipal promove dende hoxe unha recollida de produtos de primeira necesidade, a elaboración dun listado de recursos habitacionais para a posible acollida de refuxiados no futuro e, por último, unha recadación solidaria de fondos. Farmacias de Ares, supermercados e outras tendas de subministros básicos colaboran co Concello para poñer en marcha procesos de […]

8M, Día Internacional da Muller

Alma Barrón, concelleira de Cultura; Noelia Montero, concelleira de Deportes; Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar e Lucía Blanco, edila de Turismo, sumáronse as reivindicacións deste 8M, unha xornada para expoñer a importancia da muller na sociedade e traballar pola participación activa e igualitaria nela. Victoria Montenegro aproveitou a ocasión para “animar a todas […]

8 de marzo, Día Internacional da Muller 2022

O Concello de Ares adhírese á declaración institucional con motivo do 8M aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), recoñecendo así a igualdade de xénero como un dereito humano universal, necesario para o benestar, o crecimiento económico, a prosperidade, a boa gobernanza, a paz e a seguridade. A celebración do 8M deste ano […]

Últimos días para sumarse á marcha pedestre Móvete pola Igualdade!

Unha actividade dinámica que aglutina reivindicación e práctica deportiva co foco posto na celebración da igualdade; esa é a base do evento do próximo 12 de marzo, a marcha pedestre de “Móvete pola Igualdade” promovida dende as Concellarías de Deportes e Igualdade e Benestar. Se aínda estás pensando en inscribirte, o prazo estará aberto ata […]

O Concello simplifica os actuais horarios de buses para facelos máis accesibles á veciñanza

A Concellaría de Mobilidade vén de publicar hoxe mesmo un novo deseño dos horarios de transporte metropolitano xestionado por UTE Hércules Norte; unha simplificación que se produce tendo en conta os problemas que se detectaban para a comprensión e lectura dos horarios proporcionados pola empresa adxudicataria. Co obxectivo de achegar unha información o máis accesible […]