118 anos da Alianza Aresana

O 20 de marzo de 1904, o fogar de Domingo Troche na cidade de Habana acollía a un grupo de nativos aresáns que integrarían a partir daquela data a Alianza Aresana de Instrución. Esta nova sociedade tería un desexo moi claro: “fomentar y difundir la instrucción de que tan necesitada está aquella villa, entre la […]
Os máis pequenos de Ares e Mugardos achéganse a unha visión lúdica do atletismo

Nos próximos martes que restan deste mes de marzo, os escolares de ambas vilas veciñas desfrutarán de disciplinas atléticas combinadas co xogo no campo de fútbol municipal de Prados Vellos. Trátase dun programa promovido polos Concellos de Ares e Mugardos dentro da campaña XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte Esta mesma semana arrancou no […]
Reunión coa asociación de Veciños de Chanteiro

A concelleira de Mobilidade, Lucía Blanco, reuniuse esta mesma mañá coa Asociación de Veciños de Chanteiro para revisar os horarios do transporte metropolitano, o seu cumprimento e as necesidades actuais, de cara a buscar máis puntos de mellora e optimización do servizo. A situación de Chanteiro é tamén unha das máis urxentes e preocupantes para […]
O Concello organiza unha nova recollida de sinaturas pola situación actual do transporte metropolitano

Dende o ente municipal invítase a toda a veciñanza a sumarse á iniciativa para reivindicar unha mellora e optimización real do servizo de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte. A concelleira de Mobilidade, Lucía Blanco, tamén se reuniu esta mañá con representantes da Asociación de Veciños de Chanteiro para analizar o estado das conexións con […]
A Alianza Aresana de Instrución cumpre 118 anos

A agrupación, composta por emigrantes de Ares que desexaban democratizar a educación na localidade, celebra o seu aniversario o próximo domingo, 20 de marzo, coa lectura da acta de creación a través das voces de varias descendentes dos socios-fundacionais. Tamén haberá unha actuación musical de Son al Son que homenaxea os ritmos cubanos e conecta […]
Apertura dun novo prazo para canxear os vales premiados polo MercAres

A Concellaría de Comercio vén de comunicar a apertura dun novo prazo para canxear os vales premiados polo MercAres, tras recibir algunhas mensaxes da veciñanza expoñendo a súa necesidade de tramitar os vales aínda pendentes en ABANCA. Desta maneira, toda persoa interesada poderá canxealos dende hoxe mesmo, 16 de marzo de 2022, ata o 30 […]
O Concello e o Club de Remo presentan a “Bandeira de Bateis Concello de Ares”

O próximo sábado, 19 de marzo, ás 16.00 horas, o municipio contará cunha cita co remo local de gran atractivo e desfrute para infancia e pais e nais. Noelia Montero, concelleira de Deportes, e Germán Sánchez, presidente do Club de Remo Ares, realizaron hoxe a entrega oficial da bandeira. A bandeira que se entregará o […]
Dúas xornadas para entender a sintomatoloxía do alzhéimer e outras demencias

Dúas xornadas para entender a sintomatoloxía do alzhéimer e outras demencias, mais tamén os seus tratamentos, alteracións de comportamento… Ou mesmo aprender boas prácticas sobre posicionamentos na cama, a hixiene postural ou as mobilizacións dos coidados. Estes serán os eixos do que se falará nas formacións que se programan dende a Concellaría de Igualdade e […]
Ares adxudica o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

A semana pasada, a casa consistorial aresán acolleu o acto de sinatura formal entre o alcalde de Ares, Julio Iglesias, a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, e os representantes da empresa adxudicataria. Esta adxudicación supón un forte cambio con respecto ao período de 2016-2021, con incrementos tanto no orzamento como número de traballadores […]
“Móvete pola Igualdade” pon fin á programación municipal do 8M

Con algo máis de medio centenar de participantes, o evento aglutinou esta mesma mañá deporte e reivindicación a prol da participación activa da muller na sociedade A marcha organizouse cun notable valor simbólico, ao exemplificar o longo camiño percorrido e o aínda pendente por recorrer en materia de adquisición dos dereitos das mulleres. As condicións […]
Revisión das actuais infraestruturas educativas

Esta mañá, o CPI AS Mirandas acolleu a visita de Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, e Indalecio Cabana, xefe territorial de Educación. O alcalde de Ares, Julio Iglesias, as concelleiras Alma Barrón e Noelia Montero, xunto co equipo directivo do CPI e representantes do grupo político dos populares en Ares […]
Adxudicadas as obras para conectar Ares e Redes cunha senda peonil

Durante o encontro entre o alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o presidente da Deputación da Coruña, González Formoso, que se produciu no día de onte, a localidade recibiu outra boa nova: a sinatura do contrato para executar proximamente a nova senda que conectará o núcleo urbano aresán e Redes, na estrada DP-0401. En palabras […]