Principia a XVI edición do Campus Chiquibasquet de verán

O son das zapatillas sobre a pista, o eco dos balóns de baloncesto e as instruccións dos monitores do XVI Campus Chiquibásquet de Verán enchen o pavillón polideportivo de Ares dende onte  até o 2 de agosto. Esta nova edición do evento formativo que promove Chiqui Barros ano tras ano na localidade vén de arrancar […]

As bailarinas da pintora aresán Gloria López estrénanse na Casa da Xuventude

Dende o 1 até o 16 de agosto, o andar superior da Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova mostra pictórica no marco do seu ciclo de exposicións multidisciplinares, achegándose desta volta ás obras de María Gloria López Villares. Instalarase a súa exposición ‘Bailarinas envueltas en poesía’, un conxunto de cadros que teñen tamén […]

Punto limpo móbil instalado en Cortiñas Gil

O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser […]

Ares, en solidariedade co pobo saharaui dentro de ‘Vacacións en Paz 2024’

A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, recepcionou onte a Rabab Said Mohamed, a nena saharaui procedente de Tinduf (Alxeria) que pasará os meses de verán na nosa vila acollida nunha familia da contorna, evitando así as altas temperaturas do deserto e promovendo unha mellora do seu benestar xeral. En colaboración coa Asociación Solidariedade […]

Chanteiro anímase co balompé no III Torneo Maratón de Fútbol Sala

Esta fin de semana o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro encheuse de xogadores no marco do III Torneo Maratón de Fútbol Sala, unha iniciativa que abrangueu do venres ao domingo, 28 de xullo, e que xa conta coa participación de equipos de diferentes localidades da comarca. Formacións de Ares, mais tamén de Cedeira, As Pontes […]

Un arroz para coidar da memoria da vila

Nunha paella de 1,90 metros de diámetro, a veciñanza puido ver como pouco a pouco cobraban cor as preto de 600 racións da 1ª Festa do Arróz con Garrafón, organizada conxuntamente entre o Concello e a Comisión de Festas do Mar. O Parque Rosalía de Castro foi o escenario deste novo evento gastronómico en Ares […]

Doa sangue na vila

En Ares, hoxe, luns, 29 de xullo. ‘Ás veces a recompensa non é gañar unha medalla, nin quedar o primeiro, non é gañar un segundo ao crono, ás veces a recompensa é gañar unha vida’. Unidade Móbil ao carón de “EL PEZ ROJO” (Avda. Saavedra Meneses). 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas. Para […]

O Prados Vellos acolle o peche do Campus de Porteiros Sergio Álvarez da Fundación Celta

Durante toda esta semana, o campo municipal de Prados Vellos foi o epicentro das sesións formativas do ‘Campus de Verán de Porteiros Sergio Álvarez’ da Fundación Celta de Vigo, unha modalidade que se consolidou como a principal novidade deste evento de mellora técnica que promoven conxuntamente o club olívico e o Concello durante os últimos […]

Os golfiños protagonizan as viaxes en barco do M. Presas

Continúa o servizo municipal de Ares dende o Mar, os percorridos turísticos a bordo do M. Presas que se desenvolven cada sábado e domingo, tanto de mañá como de tarde, durante o período estival, perfectos para redescubrir a paisaxe aresá dende unha ollada diferente, litoral e mariñeira. Mais as viaxes en barco non só permiten […]

Máis de cen corredores chegarán a Ares na XXXII Milla Urbana do 3 de agosto

A cita deportiva, inscrita como proba oficial da Federación Galega de Atletismo e pertencente ao Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, é xa un referente no período estival da vila pola súa longa tradición. A casa consistorial acolleu o acto de presentación oficial, onde se lembrou a posibilidade de formalizar xa a […]

RESULTADOS DA XXVII TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES 2024

CATEGORÍA A: HOMES Nicolás Iglesias Romero (00:09:51.494) Alejandro López Salgado (00:10:00.858) Héctor Pintado Expósito (00:15:22.718) Miguel Cristobo Rodríguez (00:17:57.263) CATEGORÍA A: MULLERES Alejandra Valtuille Caruncho (00:09:39.068) Sabela García Díaz (00:10:10.259) Carla Pico Espantoso (00:10:26.596) Lola Piñeiro Seijas (00:10:28.783) María Álvarez Núñez (00:10:42.718) Alejandra Durán Calvo (00:12:37.252 ) Susana Rodríguez López (N/A) CATEGORÍA B: HOMES Roque […]