‘Plan de rescate’, novo scape room na Biblioteca Municipal de Ares

O próximo xoves, 9 de maio, ás 18:30 horas, a rapazada de entre 7 a 12 anos enfrontarase a todo un reto: escapar da Biblioteca Municipal de Ares seguindo un percorrido de pistas e rescatar aos compañeiros e compañeiras que fiquen atrás. A Alianza Aresana converterase así no escenario dunha particular scape room que bebe […]

O deporte aresán continúa acadando novos éxitos

O Concello traslada os seus parabéns ao Numancia polo recente ascenso a Primeira Galicia 2023-2024 aínda con tres xornadas por diante, un logro que exemplifica o esforzo e a unión do equipo, mais tamén un modelo de club moi vencellado á vila, á súa canteira e ós aresáns. Tamén o noso veciño Hugo Martínez acadou […]

O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña para o mantemento da contratación do Director Técnico Deportivo.

O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña por importe de 15.000,00 € publicado no  BOP nº 103 do 01/06/2023 ao abeiro da Convocatoria:  (FO106/2023) Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de […]

Cambio de data na entrega de premios do DegustAres 2024

2024-CARTEL DEGUSTARES

Por motivos organizativos, a entrega de premios do DegustAres 2024 trasladarase de mañá, 3 de maio, ao venres, 10 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Lembra que, a maiores de coñecer aos gañadores, tamén se sorteará 1 vale de 100 euros entre as persoas asistentes.

O Concello instala 3 minipuntos limpos no núcleo urbano de Ares

Atópanse operativos dende o comezo desta mesma semana na Praza da Igrexa, na Praza da Porta do Sol e na rúa da Franxa. Supoñen unha mellora do sistema de reciclaxe e tratamento de residuos da vila, ampliada progresivamente a través doutros servizos coma o punto limpo móbil e as campañas de composteiros. Para materializalos, a […]

A nova edición das Alfombras Florais de Ares chegará á vila o 2 de xuño

A Festa de Interese Turístico de Galicia iniciará os traballos de preparación este mesmo venres e contará con 5 tramos de tapices. Dende a Asociación que promove as Alfombras Florais convidan á veciñanza a participar das tarefas de picado, fundamentais para organizar este evento que xa é parte da idiosincrasia de Ares. O Corpus aresán […]

‘Un adolescente na casa’, nova charla divulgativa en Ares este mesmo venres

A ponencia organizarase o 3 de maio ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, no marco da iniciativa Academia AresXSalud impulsada polas Concellarías de Benestar e Deportes. O psicólogo e educador físico José Antonio Barcia Tuccelli afondará nas diferentes maneiras de encarar as relacións cos adolescentes, dende a xestión dos conflitos á […]

Presentación de Alegacións do proceso de estabilización para cubrir as vacantes no cadro de persoal do concello de Ares correspondente a 1 praza de persoal laboral fixo de Auxiliar Administrativo ( Servicios Xerais)

Sendo as 10,00 horas do dia 24 de abril do ano 2024 , reúnese na Sala de Comisións da Casa  do Concello de Ares, o Tribunal calificador ( designado por Resolución da Alcaldía 173/2024 de data 20/02/2024, publicado no B.O.P. nº 40 de data 26/02/2024) do proceso de estabilización para cubrir as vacantes no cadro […]

O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a novena ruta do SendAres 2023-2024

O programa municipal de sendeirismo promoverá unha saída até Laxe, na Costa da Morte, de 18 quilómetros, durante a xornada do domingo, 26 de maio. Corresponde co último percorrido na tempada outono-primavera. Habilitarase un prazo de inscrición para empadroados/as en Ares dende mañá, 30 de abril até o 3 de maio, abrindo e pechando a […]