O pasado sábado, Ares foi testemuña dun emocionante encontro no que As Sereas das Mirandas e o Club de Remo uníronse a Mar de Xúbilo nunha travesía para celebrar a súa paixón polo remo e o patrimonio marítimo.

Este evento foi unha homenaxe á unión de proxectos e á resiliencia da comunidade local fronte aos desafíos. Desde o Concello, agradecemos a Mar de Xúbilo pola súa visita a Ares e felicitamos ás Sereas das Mirandas pola súa dedicación e ilusión. Esperamos seguir compartindo experiencias e colaborando en futuros proxectos que promovan a unión […]

Ares uniuse contra o cancro de mama!

A veciñanza de Ares uniuse onte para formar unha cadea humana solidaria no paseo marítimo, seguida da lectura dun manifesto nas portas do Consistorio, coa presenza de membros da xunta local da AECC, o equipo de remo adaptado de As Sereas de As Mirandas e representantes municipais. O obxectivo desta acción foi mostrar solidariedade cara […]

A Copa de España de Vaurien 2023, organizada polo Club Náutico Ría de Ares, concluíu coa entrega de premios aos gañadores nunha cerimonia celebrada no local social do club.

O acto de entrega de trofeos contou coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Deportes do Concello de Ares, xunto Ángel Barreiro e José Manuel Naveiro, Presidente e Comodoro do Club. As máximas honras recaeron en Pablo Cabelo e David Fernández do Real Club Náutico de Vigo, seguidos por Pedro Fernández e Carolina Iglesias do […]

O Concello implementará un programa de compostaxe doméstica para toda a veciñanza

O Concello anuncia a posta en marcha dun programa de compostaxe doméstica para toda a veciñanza, co obxectivo de colleitar e transformar os residuos de alimentos en compost, un recurso valioso para a agricultura e a ecoloxía. Para iso, distribuiranse 44 composteiras individuais e construiranse 2 áreas de compostaxe comunitaria no municipio. Este proxecto representa […]

Ares celebra o Día das Bibliotecas cun espectáculo a cargo do Mago Paco

A Concellaría de Cultura de Ares anunciou un evento especial para conmemorar o Día das Bibliotecas 2023, unha data destinada a destacar a importancia das bibliotecas como espazos públicos que contribúen ao benestar da comunidade na que se atopan. Deste xeito, o salón de actos da Alianza Aresana converterase no escenario dunha actividade que combinará […]

Bases para a Contratación Laboral Temporal, mediante oposición, dun Auxiliar Administrativo, a xornada parcial (20 horas/semana), para desempeñar as funcións da Secretaría Do Xulgado de Paz de Ares

ANTECEDENTES  Dado que durante o ano 2023 a Lei 31/2022, de 23 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023 non se pode proceder á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos (art. 20.cinco) “:No se podrá contratar personal temporal, ni realizar nombramientos de […]

MAGOSTO E SAMAÍN FAMILIAR ARES 2023

Dia: Domingo 5 de NOVEMBRO. Hora: : 17:00h Lugar: Praza da Constitución. (En caso de choiva na pista Cuberta C.P.I As Mirandas) Inchables, castañas asadas, concurso de cabazas, obradoiros de manualidades, espectáculo musical infantí, Photocall S.C O Tilo

SAMAÍN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL 2023

Todas as actividaddes realizaranse na Biblioteca Municipal FORMULARIO DE INSCRICIÓN  NA ACTIVIDADE “OBRADOIRO MOSTRUOSO”:  https://forms.gle/p5Ag2DsHnxXw5PiX6 FORMULARIO DE INSCRICIÓN  NA ACTIVIDADE “UNHA BIBLIOTECA DE MEDO”: https://forms.gle/rU2f1ux6D8bAonkPA “Unha Biblioteca de medo”: GRUPO 1: Nenxs de 3 a 5 anos (nados no 2020, 2019 e 2018) Dia: xoves 26 de outubro. Hora: 19:30h Custo: 3€ (50% FN) GRUPO […]