Ares súmase á cadea humana contra o cancro con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, baixo o lema “O rosa é máis que unha cor”.

A localidade acollerá esta iniciativa o domingo 22 de outubro ás 13:00 horas ao longo do Paseo Marítimo. A Xunta local de Ares da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) organiza este acto solidario no municipio para expresar o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias. Ademais, búscase concienciar […]
Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 17 de outubro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
VII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

O obxectivo deste concurso é convidar a xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean canta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, […]
A Concellaría de Cultura organiza a Sétima Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

A Concellaría de Cultura, a través da OMIX, convoca a que será a sétima edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares. O prazo de presentación das imaxes comeza este mércores, día 18, e permanecerá aberto ata o sábado 4 de novembro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo […]
Ares tamén se converte en escenario da serie “Rapa”!

A semana pasada, o noso municipio foi o lugar elixido para a filmación da serie “Rapa”, producida por Portocabo para Movistar +. Este thriller conta coas actuacións de Javier Cámara e Mónica López, baixo a dirección de Jorge Coira. A gravación nas terras aresás tivo lugar o pasado venres e abarcou diversos puntos do núcleo […]
Orella Pendella, unha experiencia de narración oral acompañada de música en vivo, chegou a Ares esta semana!

Este evento, destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos, levouse a cabo nas instalacións da escola da Galiña Azul da localidade. A Concellería de Cultura, en colaboración coa Consellería de Cultura a través da súa Rede de Dinamización Lingüística, organizou o mércores 11 esta iniciativa baseada na narración oral, coa incorporación de […]
O Club Náutico Ría de Ares é o escenario da Copa de España da clase Vaurien

A xornada de onte, xoves, marcou o inicio da Copa de España da clase Vaurien en Ares, que se prolongará ata o 15 de outubro e desenvolverase nun campo de regatas establecido na propia Ría de Ares. A organización está a cargo do Náutico de Ares en colaboración con diversas institucións. O primeiro día da […]
Con motivo da XORNADA DE RODAXE DA SERIE “RAPA” EN CHANTEIRO, LUBRE E ARES, programada para o vindeiro VENRES 13 DE OUTUBRO, informamos acerca das áreas e vías que se verán afectadas por cortes de tráfico.

CHANTEIRO: Entre as horas aproximadas de 22:00 e 05:00, se levará a cabo a filmación de secuencias en varios puntos na zona de Chanteiro. Este evento ocasionará cortes de tráfico intermitentes nas estradas secundarias que desembocan na DP-0402. LUBRE: en horario aproximado de 16:00 a 22:00 horas, rodarase unha secuencia na zona do camiño da […]
BANDO: información sobre traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que poden provocar interrupcións na subministración de electricidade

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 16 de outubro, de 0:00 a 2:00 horas, e o 16 de octubre de 2023, de 4:00 a 6:00 horas, co fin […]
Ares renova o Equipamento Deportivo da sala anexa ao Ximnasio Municipal

Ao longo da semana pasada instalouse novo material e maquinaria na sala de usos múltiples anexa ao ximnasio. As instalacións do pavillón deportivo, contan desde os inicios desta semana con nova maquinaria no seu ximnasio, tras a renovación acometida pola entidade municipal. O Concello de Ares, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da […]
Onte tivo lugar unha nova edición de “Entre Dúas Rías 2023”, organizada polo Club Pulpeiros e que tamén contou coa colaboración da área de Deportes do noso municipio

Nesta xornada, participaron ao redor de 200 persoas, quen percorreron os 50 quilómetros da ruta atravesando a práctica totalidade dos municipios de Ares e Mugardos. Desde o Concello de Ares, queremos destacar especialmente o labor do Club Pulpeiros, que coordinou a ruta de maneira impecable, así como ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e […]
O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe instalado en Seselle!

Lembra que permanecerá alí toda a semana. Poderás achegarte para depositar nel os teus residuos domésticos especiais tales como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.