Chegaron as cores ó ConciliAres!

Comparte esta nota de prensa

Coa ollada posta no fin de verán, os pequenos que integran o servizo de conciliación familiar e laboral do Concello desfrutaron dunha “festa Holi”, unha actividade baseada en po de cores e que debe o seu nome ao Festival da Primavera ou Holi da India. O Festival indio é xa unha das celebracións máis importantes no país e reivindica a paz e a igualdade independentemente do xénero ou a clase social.

Estes pos de cores, moi populares hoxe en día, créanse a partir de componentes orgánicos que non prexudican ao medioambiente nin deixan residuos contaminantes. Perfectos para combinar con música, baile e algo de alegría nos últimos compases do verán!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,