Completada a sexta ruta do SendAres!

Comparte esta nota de prensa

Onte, uns vinte sendeiristas achegáronse á beleza de Meirás e da praia de Ponzos no marco do sexto itinerario que promoveu a Concellaría de Deportes en colaboración con Kapitrek.

Un percorrido no que houbo algúns puntos de especial interese, coma o espectacular Pico da Vela ou Campelo, o miradoiro dende onde se contempla toda a contorna do Cabo Prior, ou “Pena Molexa”, un conxunto megalítico que é referencia patrimonial polo seu posible vencello cun culto funerario antigo e coas lendas do territorio no que se atopa.

O itinerario acabou na Praia de Ponzos, areal moi frecuentado polos surfeiros/as!

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local