Esta fin de semana, o Concello promoveu a penúltima ruta de “Ares no Mar”, o proxecto centrado en divulgar o patrimonio litoral e a riqueza paisaxística da localidade.

Comparte esta nota de prensa

Preto de 15 persoas percorreron a costa de Ares achegándose durante toda a mañá ás pequenas illas, os farallóns e o resto de elementos que forman parte xa da nosa memoria colectiva, como o Castro de Santa Mariña ou a Cova dos Mouros.

A próxima fin de semana desenvolverase a última das 4 rutas, desta volta camiñando polo casco urbano da vila e afondando nas súas particularidades culturais, arquitectónicas e sociais! Non perdas a oportunidade e contacta coa Oficina de Información Turística de Ares para inscribirte.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,