ESCOLA “ALIANZA ARESANA”

ESCOLA “ALIANZA ARESANA” Rúa María, 11 A escola da “Alianza Aresana” é o gran símbolo da sociedade de instrución que desde América revolucionou o ensino galego de principios do século XX, inspirando a creación de sociedades e escolas indianas por ducias de vilas galegas. A escola, situada ao lado da igrexa parroquial de Ares, péchase […]

CASA CURBEIRA

CASA CURBEIRA Rúa Praia de Estacas, 2 Esta casa, patrimonio da familia Curbeira, de longa raizame na vila, apenas presenta trazos da arquitectura indiana, exemplificando antes a arquitectura tradicional vilega anterior ao período modernista. Sendo casa xa existente antes da expansión urbana propiciada pola salazón, ao contrario das casas indianas, que medraron na nova área […]

PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES

PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES Praza dos Reais Alfolíes O predio que aínda ostenta o emblema de El Alfolí, hoxe vivenda particular, é o resto vivo das vellas instalacións dos Reais Alfolíes en Ares. Os Alfolíes eran unha estrutura comercial e administrativa dependente da coroa, onde se almacenaba e distribuía o sal, e se regulamentaba o […]

TORRE DO RELOXO

TORRE DO RELOXO Praza da Igrexa A torre do reloxo, emblema da vila, foi construída no século XVIII, por emprendimento municipal, co fin de dotar á vida aresana dun sistema horario colectivo e dunha campá para avisos propios do Concello. Situouse a carón da igrexa de San Xosé, centro da vida comunitaria, e á beira […]

PALCO, CASA PEREGRINA (Real, 27) E CASA FINA CANCELA (Anxos, 34)

PALCO, CASA PEREGRINA (Real, 27) E CASA FINA CANCELA (Anxos, 34) Praza do Concello Vello Na Praza do Concello Vello, centro da vida social aresana durante a época modernista, aínda é posíbel admirar diversos exemplos da arquitectura indiana, como a Casa de Fina Cancela, situada na extrema da Rúa dos Anxos, dotada de alta galería […]

MUSEO SALAZÓN

MUSEO SALAZÓN Rúa Santa Bárbara, 3 A estrutura deste predio reflicte aínda a arquitectura característica das fábricas e almacéns destinados á salazón, que chegaron a ocupar toda a beiramar da vila e dos que hoxe apenas restan algúns exemplos. Foi remodelada como taberna pola familia da Pedrafeita, a muller que a mercou, respeitando a estrutura […]

CASA ANTONIO VILAR

CASA ANTONIO VILAR Rúa Fomento, 2 Vivenda de orixe peculiar que se remonta a 1884, cando o italiano Francisco Rebatto compra o terreo e constrúe unha salgadeira. A principios do século XX, Antonio Vilar, emigrante en Cuba, refórmaa como vivenda de forte impronta modernista, na que aínda atopamos a pegada da vella fasquía fabril no […]

CASA NICOLÁS LÓPEZ CANCELA

CASA NICOLÁS LÓPEZ CANCELA Rúa Real, 73 O emigrado na Habana, Nicolás López Cancela, adquire e rehabilita a casa do número 73 da Rúa Real no ano 1922. Se reparamos, a estrutura é semellante á da típica casa vilega do século XIX. A remuda acrecenta as galerías, as varandas, e sobre todo o lucernario, que […]

CASA IRMÁS RAMOS BUGALLO

CASA IRMÁS RAMOS BUGALLO Rúa Real, 64/66 CARACTERÍSTICAS ARQUITECTÓNICAS: Na fachada principal, séguese un eixo de simetría central nas dúas casas, aínda que se aprecian diferenzas entre elas. Na casa número 64, sobre a porta principal, hai una galería de madeira separada dos dous balcóns laterais . Na casa número 66, sobre a porta, hai […]

ESCOLA DE NENAS ALIANZA ARESANA “O LAGO”

ESCOLA DE NENAS ALIANZA ARESANA “O LAGO” Rúa Real, 117 Estamos diante da Escola de Nenas da Alianza, inaugurada o 3 de decembro do ano 1955. Foi construída grazas á Alianza Aresana de Instrucción (Habana, 1904), presidida por D. Antonio Castro Doval e baixo proxecto do arquitecto Rodolfo Ucha Donate. O seu custo ascendeu, xunto […]