Familia, amizades, entrenadores e veciñanza apoiaron o sabádo pasado na casa consistorial aos dous últimos aresáns homenaxeados polos seus éxitos deportivos:

Comparte esta nota de prensa

Cristian Carnero Solís, Campión de España de World Natural Bodybuilding Federation (WNBF) e 3º do Mundo en Banpam Weight 2022, e Óscar Fernández Allegue, Campión de España Cadete masculino de Remoergómetro 2022.

O salón de plenos da institución acolleu este acto en recoñecemento dos seus logros, pero tamén do seu esforzo para acadalos, que estivo presidido polo alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, acompañado por membros do seu equipo de goberno. Amais da entrega da placa conmemorativa a cada un deles, os homenaxeados tamén estamparon a súa sinatura no Libro de Ouro do Concello.

Parabéns aos dous!!

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local