O Concello aproba a distribución de fondos do POS+2024, que inclúe o acondicionamento do interior da Rectoral de Ares

Comparte esta nota de prensa

Xunto coa adecuación da Rectoral por un importe de 152.589,55 euros, impostos incluídos, tamén se renovará a área infantil do parque Rosalía de Castro (74.995,81 euros) e melloraranse varios camiños municipais coma a Louseira, O Castro e A Pena (113.821,08 euros).

Incórporase de igual maneira unha partida, a do POS Social, centrada no reforzo do programa de emerxencias municipais de Servizos Sociais de Ares, que este ano acada os 45.000

Durante a sesión plenaria extraordinaria realizada hoxe, mércores 7 de febreiro, a corporación municipal de Ares vén de aprobar a proposta de investimento do POS+2024, un instrumento económico fundamental para acometer grandes obras coordinando esforzos entre o goberno local e a Deputación da Coruña. E coa distribución destes fondos provinciais, o municipio verá como se materializan tres actuacións urbanísticas.

A primeira delas atinxe a un inmoble de carácter histórico no centro urbano de Ares: a Casa Rectoral da localidade, que contará cunha adecuación do seu interior, traballando en dous niveis: unha planta baixa, con obras na tabiquería, electricidade, carpintería exterior, solados e baños, e unha planta primeira, onde se incorporará un forxado de madeira e unha varanda. A adecuación contará cun investimento de 152.589, 55 euros, IVE incluído, onde a Deputación da Coruña achega 146.734,45 euros e o Concello, os 5.855,10 euros  restantes, consolidándose coma a intervención de maior importe.

A segunda das obras circunscritas no POS+2024 afectará aos camiños de titularidade municipal de A Pena, O Castro e a Louseira, onde se executarán múltiples traballos para o seu arranxo. Limparanse as marxes da vía e aplicarase un barrido con medios mecánicos; efectuarase un aglomerado asfáltico e logo haberá un reacondicionamento das bocas dos pozos de saneamento.  En total, esta mellora dos camiños municipais contará cun orzamento próximo aos 114.000 euros.

NOVAS INSTALACIÓNS PARA OS MÁIS PEQUENOS

A última intervención contémplase dentro do POS Complementario e atinxe á área infantil do Parque Rosalía de Castro, ao carón do paseo marítimo, unha zona de moito uso por parte das familias e as crianzas. Cos fondos provinciais, producirase unha renovación da área, ampliando os espazos existentes de xogos infantís e optimizando todo o conxunto a nivel estético e funcional.

Executaranse novas superficies con pavimento de seguridade de caucho, priorizando a protección dos máis pequenos e minimizando as consecuencias dos posibles impactos; instalarase novo mobiliario para o confort e benestar dos adultos e, nas superficies colindantes as áreas de xogo, acondicionarase céspede con aporte de terra vexetal, co fin de mellorar a apariencia da zona de lecer.

A renovación do parque infantil suporá un investimento de 74.995,81 euros entre as dúas entidades públicas (65.149,88 euros a Deputación e 9.845,93 euros o Concello de Ares).

REFORZO ECONÓMICO NO GASTO SOCIAL

A aprobación do Plan Único de 2023 traducirase non só nunha ampliación dos recursos económicos no eido urbanístico, senón tamén un reforzo no orzamento do Departamento de Servizos Sociais de Ares a partir do POS Social. O municipio contará cunha achega de 45.000 euros que se destinarán integramente ao programa de emerxencias municipais, co foco en dar apoio económico ás unidades familiares en situación de vulnerabilidade.

O investimento social implica unha mellora á hora de sufragar necesidades básicas que se detecten no tecido municipal naquelas situación de exclusión, dando cobertura a cuestións como a vivenda, alimentación, educación ou saúde, segundo a ordenanza reguladora das emerxencias do Concello.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,