O Concello de Ares uniuse á campaña internacional “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos

Comparte esta nota de prensa

O obxectivo principal desta iniciativa é apoiar, promocionar e destacar o papel dos comerciantes nos mercados das vilas, fomentando así a compra de produtos locais e mostrando a profesionalidade dos vendedores.

No caso da praza de abastos local, o Concello organizou unha serie de actividades no marco desta campaña, as cales tiveron lugar esta mañá. En colaboración co CPI As Mirandas e os responsables dos postos, programáronse diversas visitas de escolares aos comerciantes para coñecer o seu labor, os seus métodos de traballo e a importancia de comprar produtos locais.

Os alumnos de 1º de Primaria visitaron o mercado municipal para obter unha comprensión máis detallada do seu funcionamento e das vantaxes que ofrece comprar na súa propia localidade. A través de entrevistas cos traballadores e de varias actividades interactivas, como a procura de ingredientes para unha receita ou a identificación de produtos saudables, os nenos aprenderon a desenvolverse nos diferentes postos.

Lucía Blanco, concelleira de Turismo e Comercio, resaltou  que “con esta campaña queremos resaltar a profesionalidade e o esforzo dos nosos placeiros e  placeiras, así como fomentar a compra de produtos locais e de cercanía.” A concelleira tamén destacou que a través das actividades deseñadas en colaboración co CPI As Mirandas, quérese involucrar aos máis novos no coñecemento e aprecio deste espazo vital da nosa localidade.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,